Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.612

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos para a provisión da praza 96/053 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o Art. 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 2 de outubro de 1996 (BOE do 5 de novembro).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito civil.

Praza nº: 96/053

Comisión titular.

Presidente: Bercovitz Rodríguez-Cano, Rodrigo. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: Rebolledo Varela, Ángel L. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Pena López, José María. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Lorenzo Merino, Fernando José. Catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Pérez Álvarez, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Comisión suplente.

Presidente: Rubio Torrano, Enrique. Catedrático de universidade. Universidade de Navarra.

Secretario: Torres Lama, José Ángel. Catedrático de universidade. Universidade de Baleares.

Vocais:

Díaz Alabart, Silvia. Catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Gómez Laplaza, María Carmen. Catedrática de Universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Fernández Costales, Javier. Catedrático de universidade. Universidade de León.

97-1031