Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a licitación da obra de construcción dun centro cultural no edificio Simeón en Ourense (clave 97.01.OR).

Procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos San Caetano.

15704-Santiago de Compostela (A Coruña) (España).

Teléfono nº: 981/54 43 71

Telefax nº. 981/54 43 43

2. A) Modalidade de adxudicación elixida.

Concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación.

Execución das obras contidas no proxecto: «Construcción dun centro cultural no edificio Simeón en Ourense».

C) Orzamento total: setecentos sesenta e catro millóns duascentas cuarenta e oito mil oitocentas oitenta e sete (764.248.887) pesetas IVE incluído.

3. A) Lugar de execución.

Termo municipal: Ourense. Provincia de Ourense. España.

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra.

As definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

Dezaseis (16) meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

6. A) Solicitude de documentación para participar no concurso:

Copyestudio en r/ Nova de Abaixo, nº 19-Galerías.

15706-Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Teléfono. (981) 59 33 85

Copynino en r/ Xeral Pardiñas, nº 2.

15701-Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Teléfono (981) 58 89 38

O custo total para adquirir copia de toda a documentación ascende a 50.760 pesetas (IVE incluído).

B) Data límite de presentación de proposicións.

Trinta e un (31) de marzo de mil novecentos noventa e sete.

C) Enderezo ó que deberán enviarse as ofertas.

Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Rexistro xeral. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela. A Coruña. España.

D) Lingua nas que deben redactarse.

Galego, castelán, ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea acompañado da traducción oficial.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións:

En acto público o día 7 de abril de 1997 ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas.

Esixirase unha fianza provisional de quince millóns duascentas oitenta e catro mil novecentas setenta e oito (15.284.978) pesetas, de acordo co establecido no apartado H) do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de trinta millóns cincocentas sesenta e nove mil novecentas cincuenta e seis (30.569.956) pesetas, segundo o definido no apartado I do cadro de características do citado prego.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato cando non se mencionen na invitación para licitar.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria.

Clasificación:

Grupo A, subgrupo 1, categoría c); grupo C, subgrupo 1, categoría b); subgrupo 2, categoría b); subgrupo 3, categoría c); subgrupo 4, categoría d); subgrupo 5, categoría b); subgrupo 6, categoría d); subgrupo 7, categoría a); subgrupo 8, categoría c); subgrupo 9, categoría c); grupo I, subgrupo 1, categoría c); subgrupo 9, categoría c); grupo J, subgrupo 1, categoría a); subgrupo 2, categoría c); subgrupo 4, categoría a); grupo K, subgrupo 1, categoría b); subgrupo 2, categoría b); subgrupo 7, categoría d); subgrupo 9, categoría a).

14. Data de envío do anuncio á OPOCE.

Cinco (5) de febreiro de 1997.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1156