Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.554

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (441/1992).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado, baixo o número 441/1992, se seguen autos de xuízo executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Construccións Segade e Ferreira, S.L., Manuel Ferreira Rodríguez, Jesús Segade Barral, Pilar Villaverde Cevey, José Manuel Cotón Correira e Mercedes Segade Barral, reclamación de cantidade, nas actuacións do cal se acordou sacar á venda en primeira poxa pública, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial o seguinte predio embargado ós demandados José Manuel Cotón Carreira e Mercedes Segade Barral:

-Urbana: predio número setecentos dezaoito B do plano de concentración parcelaria de Cacheiras-Recesende, concello de Teo. Labradíos no sitio de Castro que mide seis áreas. Limita: norte, en liña de 15 metros, camiño; sur, en igual liña, Margarita Segade Barral (718-C); leste, nunha lonxitude de 39 metros e 80 centímetros, Carmen Mosteiro Liñeira (717) e Sabina Calvo Lareo (716) e oeste en lonxitude de 40 metros e 60 centímetros, Mercedes Segade Barral e esposo e Margarita Segade Barral (718-D). Neste predio existe unha casa unifamiliar, sen número de goberno, dunha soa planta baixa, destinada a vivenda, situada no sector centro-sur aproximadamente do predio, que ten cara ó norte a súa fronte ou fachada principal, a uns trece metros do camiño existente, desde o que se accede ó predio, e que ocupa sobre o seu fundo unha superficie construída duns cen metros cadrados e que ten como anexo o resto do terreo sen edificar que a circunda. Inscrita no tomo 547, libro 180 de Teo, folio 94,

predio número 19.135 (formada pola agrupación do predio 15.629 no folio 79 do libro 154 de Teo, tomo 493, e o predio 19.131, no folio 90 do libro 180 de Teo, tomo 547) do Rexistro da Propiedade de Padrón.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, número 2-2º (polígono das Fontiñas) o próximo día 1 de abril ás 11 horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 8.360.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número 1592-17-441-92 o 20% do tipo do remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa cele

bración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, se poda aproba-lo remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, encóntranse de manifesto na secretaria do xulgado, e os licitadores deberanse conformar con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os precedentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 6 de maio, ás 11 horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto o tipo do remate, que será do 75% do da primeria; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 3 de xuño, tamén ás 11 horas, para a que rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva este anuncio de notificación ós demandados para o caso de que non se puidese facer en legal forma.

Dado en Santiago de Compostela o vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

950