Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.501

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción de Ourense.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción (código nº 3200155) de Ourense, convenio publicado no BOP nº 155, do 6 de xullo de 1996 e DOG nº 200, do 11 de outubro de 1996, con entrada nesta delegación provincial, subscrito o día 26-12-1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refun

dido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no libro de rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación á comisión paritaria do convenio colectivo mencionado.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 23 de xaneiro de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acordo do convenio colectivo do sector da construcción de Ourense

Asistentes.

-FEMCA UGT:

Juan Muñoz Álvarez.

-FECOMA-CC.OO.:

Rafael López de la Torre.

-ACO:

Carlos Fernández Alonso.

Jorge Caride Luna.

José Antonio Pérez Fernández.

Cesáreo Fernández Ríos.

En Ourense o 26 de decembro de 1996, reunidos os que se describen á marxe, signatarios do presente convenio colectivo provincial sectorial da construcción de Ourense, acordan, por unanimidade e de conformidade co acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico da antigüidade, do 6 de novembro de 1996, publicado no BOE nº 281, do xoves, 21 de novembro de 1996, incorpora-las 10.000 correspondentes ó corrente exercicio nas táboas salariais vixentes do convenio, e dentro do plus de asistencia. O dito importe ou, de se-lo caso, a parte proporcional que corresponda, será aboado dentro dos 30 días seguintes á súa publicación no BOP ou DOG.

Tal como recolle o artigo nº 5 do ASN da construcción sobre o concepto económico da antigüidade, os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade, na data de publicación do citado ASN.

Ó importe anterior así determinado sumaráselle, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada na data de publicación do ASN, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada, teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio colectivo provincial de Ourense.

E para que conste e produza os efectos oportunos, asínase por decaplicado, xuntamente coa táboa de retribucións xa actualizada, no lugar e data mencionados no encabezamento.

Táboa de retribucións para o período 1-1-1996 ó 31-12-1996

NivelCategoríasMensualPagas extrasAnualHoras

extras

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

XulloNadalVacacións

IITitulado superior98.25624.2341.097123.587117.012117.012117.0121.047
IIITitulado medio, xefe 1ª administrativo97.82123.8031.087122.711116.671116.671116.6711.047
IVXefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral97.34523.3221.077121.744116.293116.293116.2931.047
VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, xefe de compras, encargado de taller96.90422.8911.069120.864115.951115.951115.9511.047
VIOficial 1ª administrativo, delineante de 1ª, encargado de obra96.43122.4121.059119.902115.576115.576115.5761.047
VIIOficial de 2ª administrativo, delineante de 2ª, práctico topografía de 2ª, capataz94.69420.6741.028116.396114.208114.208114.208996

NivelCategoríasMensualPagas extrasAnualHoras

extras

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

XulloNadalVacacións

VIIIAuxiliar administrativo ou técnico, oficial de 1ª de oficio93.38519.3671.002113.754113.209113.209113.209966
IXListeiro axudante topografía, oficial de 2ª de oficio, conserxe92.03818.018981111.037112.118112.118112.118929
XVixilante, enfermeiro, almaceneiro, garda xurado, axudantes de oficios90.69216.672955108.319111.059111.059111.059877
XIPeóns especializados89.34815.326931105.605108.799108.799108.799843
XIIPeóns ordinarios87.95813.937912102.807107.709107.709107.709811
XIIITraballadores de 17 anos56.2425.94055262.73458.23258.23258.232
XIVTraballadores menores de 17 anos51.0873.92449055.50153.31953.31953.319

Axudas de xusto: Axudas de custo: 2.805 Media axuda de custo: 1.193.

1109