O día 4 de xaneiro de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000027/1997, interposto por Manuel Barreiro Martínez, contra resolución por parte do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a recurso ordinario, sobre denegación de indemnización por gastos de viaxe e mantemento.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
1083