Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.491

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 15 de xaneiro de 1997, de desenvolvemento do Decreto 83/1996, do 29 de febreiro, sobre homoxeneización dos medios técnicos das policías locais de Galicia.

O Decreto 83/1996, do 29 de febreiro, sobre homoxeneización dos medios técnicos das policías locais de Galicia, desenvolve o artigo 16 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e regula os elementos e sistemas que os corpos de policía local utilizan para cumprir coas súas obrigas, e que se entende por medios técnicos.

A disposicón derradeira primeira do devandito decreto faculta o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións necesarias para o seu desenvolvemento.

A fin de clarexa-las descricións dos medios técnicos establecidos no devandito Decreto 83/1996 e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-O deseño gráfico dos medios técnicos dos policías locais, establecidos no Decreto 83/1996, do 29 de febreiro, é o que se indica no anexo a esta orde.

Disposición derradeira

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1106