Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 59, 66 e 70/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, disporá o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de xaneiro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0059

Denunciado: Arturo Fernández Pérez.

Último enderezo coñecido: R/ Raviso, nº 141, Vigo-Pontevedra.

DNI: 35.969.411

Feitos imputados: acampar en lugar prohibido.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación da infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º

Cualificación da infracción: 38.3º

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0066

Denunciado: Jorge E. Menéndez Blanco.

Último enderezo coñecido: R/ Santo Tomás, 40-3º, A Coruña.

DNI: 32.816.710

Feitos imputados: acampar en lugar prohibido.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación da infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º

Cualificación da infracción: 38.3º

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0070

Denunciado: Fernando José Paz Santo.

Último enderezo coñecido: R/ Venecia, 44, Pobra do Caramiñal.

DNI: 52.454.566

Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque n. de Corrubedo.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación da infracción:

Artigo infrinxido: 38.13ª

Cualificación da infracción: 38.3ª

Sanción proposta: 15.000 ptas.

867