Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/317-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorizacióna dministrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Maceiriña II-Parada.

Situación: Vigo.

-Descricións técnicas:

L.M.T. aérea núa, a 20/15 kV, de 394 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. ó C.T. Maceiriña, rematando no C.T. que se proxecta en Parada-Maceiriña II, concello de Vigo. C.T. de 100 kVA relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 35 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

866