Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. a C.T. A Guía.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio n.1, a retirar, da L.M.T. subterránea ó C.T. A Guía, rematando no apoio n.3, a retirar, da L.M.T. subterránea ó C.T. A Guía, concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
879