Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara a utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 107/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, solicitando declaración de utilidade pública, para o establecemento de L.M.T. e C.T. en Forno da Cal (Pontevedra), coas seguintes características:

L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio n. 11 da L.M.T. Mourente-Caeira rematando no C.T. que se proxecta en Forno da Cal, concello de Pontevedra.

C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Que ten como data de autorización administrativa o 18-6-1996 (expediente 107/1996 A.T.) e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que máis arriba se cita, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en mateira de instalacións eléctricas e seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1996.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

880