Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.469

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (107/1996).

Pola presente cédula, que expido en virtude do acordado nos autos de xuízo de faltas 107/1996, sobre insultos, cítase a Teresa Patrón Gómez, en concepto de denunciada, a fin de que o día 10 de marzo de 1997, ás 10 horas, comparezca perante a sala de audiencia número dous, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza, rúa Viena, s/n, de Santiago de Compostela, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, o que debe verificar acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoa de que, caso de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Teresa Patrón Gómez, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o catro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1010