Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.468

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997 pola que se procede á substitución do presidente da comisión xulgadora que ten que resolve-la provisión da praza 75/1992 de catedrático de universidade, da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, convocada a concurso de acceso por Resolución do 16 de novembro de 1992 (BOE do 28).

Consonte o disposto no apartado 1º do artigo 7 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e no uso da competencia que me recoñece o artigo 18 da

Lei orgánica de reforma universitaria; de oficio

Este rectorado resolveu:

Primeiro.-Nomea-lo funcionario de carreira do corpo docente de catedráticos de universidade, da Universidade da Coruña, Eliseo Alfonso Barca Lozano, presidente substituto da comisión xulgadora que ten que resolve-la provisión da praza 75/1992 de catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, convocada a concurso de acceso por Resolución do 16 de novembro de 1992 (BOE do 28).

Segundo.-Dispoñe-la publicación do presente nomeamento no Boletín Oficial del Estado para coñecemento dos interesados, e para que a partir da súa publicación e nun prazo non superior a catro meses, se proceda a constituí-la comisión xulgadora, da que se fixo pública a composición por Resolución do 12 de maio de 1993 (BOE do 14 de xuño).

Terceiro.-Dispoñer igualmente a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante este rectorado no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte hábil a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de xaneiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector de Universidade de Vigo

1009