Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.452

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

Advertidos erros no texto do dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 22, do luns 3 de febreiro de 1997, procede efectua-las oportunas correccións.

Na páxina 1.072, columna da esquerda, na exposición de motivos segundo parágrafo onde di: «...Dirección Xeral de Planificación Económica e Relaccións coa Unión Europea», debe dicir: «...Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea».

Na páxina 1.073, columna da dereita, apartado 2.2. letra a), onde di: «...concernentes á Administración...», debe dicir: «...concernentes á administración...».

Na páxina 1.074, columna da dereita, apartado 3. letra c), onde di: «...lle corresponden á Dirección Xeral de Inspección de Servicios...», debe dicir: «...lle corresponden á Inspección Xeral de Servicios...».

Na páxina 1.075, columna da dereita, apartado 4.1. letra d), onde di: «...así como coñocer dos que interpoñan...», debe dicir: «...así como coñecer dos que interpoñan...».

Na páxina 1.081, columna da esquerda, no apartado 1. letra a) do artigo 8º, onde di: «O desenvolvemento e execución das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma en materia de política financeira,...», debe dicir: «O desenvolvemento e execución das funcións que lle corresponden á Comunidade Autónoma en materia financeira...».

Na mesma páxina, columna da dereita, apartado 2.1.1, onde di: «...que lle correspondan a esta Comunidade Autónoma en materia de centros...», debe dicir: «...que lle correspondan en materia de centros...».

Na mesma páxina e columna, apartado 2.2. letra a), onde di: «As relacións coas accións...», debe dicir: «As relacionadas coas accións...».

Na letra b) do mesmo apartado, onde di: «...de acordo coa Lei 11/1992...», debe dicir: «...de acordo co previsto na Lei 11/1992...».

Na páxina 1.082, na columna da esquerda; oitava liña, onde di: «Da Subdirección Xeral de Caixas de Aforro dependerán os seguintes servicios:», debe dicir: «Da Subdirección Xeral de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras dependerán os seguintes servicios:».

Na mesma páxina e columna, no apartado 2.3.1., onde di: «...do Rexistro de Caixas de Aforro e Altos Cargos, as actuacións que se refiran á actividade financeira, solvencia, autorizacións para determinados investimentos e publicidade e a tutela financeira das entidades locais», debe dicir: «...do Rexistro de Caixas de Aforro Galegas e o de Altos Cargos, así como informar sobre as consultas que se lle formulen e sobre as autorizacións que procedan.».

Na mesma páxina e columna, apartado 2.3.2. onde di: «... o desempeño das funcións sobre a obra benéfico-social e sobre as de control, inspección, réxime sancionador e protección do cliente.», debe dicir: «...o desempeño das funcións que correspondan sobre a obra benéfico-social así como as de control, inspección, sanción e protección do cliente.».

Na mesma páxina e columna, apartado 1, letra f) do artigo 9º, onde di: «...a tramitación de propostas»; debe dicir: «...a instrumentación de propostas».

Na mesma páxina, columna da dereita, apartado 2.1.1. letra b), onde di: «A tramitación dos acordos...», debe dicir: «A instrumentación dos acordos...».

Na páxina 1.083, columna da dereita, apartado 2.2.3. letra c), onde di: «...dos fondos citado no apartado anterior.», debe dicir: «...dos fondos citados no apartado anterior.».

Na páxina 1.084, columna da esquerda, apartado 1. letra c) do artigo 12, onde di: «...ámbito territorial da dalegación,...», debe dicir: «...ámbito territorial da delegación,...».

Na páxina 1.085, na columna da esquerda, onde di: «12.6. Servicio de Recadación.», debe dicir: «6. Servicio de Recadación».

1056