Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do R.d. 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos

nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 22 de xaneiro de 1997 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Jacobo Bermejo Barreira, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral anual ordinaria, celebrada o día 14 de decembro de 1996, consistente nas seguinte modificacións: no capítulo I modifícase o artigo 22 referente á Asemblea Xeral. No capítulo III, modifícase o artigo 35 referente ó presidente.

No título V, capítulo I, modifícase o artigo 57. Tamén se engaden dúas disposicións adicionais.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

809