Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Residencias Gallegas de la Tercera Edad (Agarte).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previsto nel, fáise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Residencias Gallegas de la Tercera Edad (AGARTE) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as residencias e centros socio-sanitarios privados, de atencións ás persoas maiores.

Asinan a acta de constitución: Benito Janeiro Rodríguez en representación da residencia Valle-Inclán e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

870