Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 7 de febreiro de 1997 pola que se recoñece a denominación específica Lacón Gallego e se nomea o seu Consello Regulador provisional.

Tendo en conta a Lei 25/1970, do 2 de decembro, sobre o Estatuto da viña, do viño e dos alcois; o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo; o Real decreto 728/1988, do 8 xullo, polo que se establece a normativa á que deben axustarse as denominacións de orixe, específicas ou xenéricas de productos agroalimentarios non vínicos; e o regulamento (CEE) 2081/1992, do Consello, do 14 de xullo, relativo á protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos productos agrícolas e alimenticios.

Considerando que o Lacón Gallego presenta unhas características específicas, tanto pola súa forma, elaboración e presentación, como polas súas condicións analíticas, organolépticas e culinarias, que o definen como un producto tradicional de recoñecido prestixio no mercado, faise necesario polo tanto establecer un marco no que se desenvolva e regule a súa producción e comercialización.

En consecuencia, por petición do sector interesado; de conformidade co artigo 30.1º.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia e co Real decreto 4189/1982, do 29 de setembro, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura e pesca, polo que se asumen competencias sobre denominacións de orixe; e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Recoñécese a denominación específica Lacón Gallego, para as extremidades dianteiras do gando porcino, producidas, industrializadas e elaboradas en Galicia, na maneira e condicións que determine o seu regulamento particular.

Artigo 2º

Noméase un consello regulador, con carácter provisional, que, por proposta dos sectores interesados queda formado polos seguintes membros:

Presidente: María del Carmen González Pardo.

Vicepresidente: Celso Gómez Valencia.

Vocais:

-Polo sector productor:

Titular: Francisco Valdés Pereiras.

Suplente: Albino Vázquez Aldrei.

Titular: Jesús Gómez García.

Suplente: José Taboada Buján.

Titular: Manuel Ordás Miguélez.

Suplente: José Arturo Feijoo Rodríguez.

Titular: Felisindo Mon García.

Suplente: Venancio Sumay Santiago.

-Polo sector industrial:

Titular: Jesús Manuel Conchado Pereiro.

Suplente: José Antonio Refojo González.

Titular: José Ramón Álvarez Graña.

Suplente: Luis Alberto Corujo Díaz.

Titular: Ramón López Garrido.

Suplente: José Antonio Núñez Domínguez.

Titular: Rogelio Domínguez Groba.

Suplente: Ramón Rodríguez Seijo.

Artigo 3º

Encoméndaselle ó consello regulador provisional a redacción do regulamento particular da denominación específica Lacón Gallego, que elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación.

Artigo 4º

O consello regulador provisional elaborará os censos de productores e de industriais que se atopen interesados en adscribirse a esta denominación, e que posteriormente servirán de base para a constitución do consello regulador definitivo.

Artigo 5º

A indicación de calidade denominación específica Lacón Gallego non poderá ser mencionada no etiquetado, presentación, documentación ou publicidade, das pezas formadas polas extremidades dianteiras do gando porcino, ata que sexa aprobado o seu regulamento particular pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

899