Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997 pola que se convoca concurso público para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade no edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

1. Obxecto.

Contratación do servicio de vixilancia e seguridade no edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

3. Orzamento de licitación.

23.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Prazo de execución.

1 ano.

5. Clasificación que se esixe.

Grupo III, subgrupo 2, categoría A.

6. Obtención da documentación.

O prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas poderá consultarse no Servicio Económico-administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Fianza provisional.

2% do importe de licitación.

8. Presentación de proposicións.

A documentación esixida no prego de cláusulas administrativas presentaranse en sobre pechado e lacrado no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de admisión rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que recaia nun día non hábil, o prazo rematará no seguinte día hábil.

9. Apertura das proposicións.

En acto público que terá lugar na sala de xuntas da Escola Galega de Administración Pública, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

715