Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 24 de xaneiro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador 025/1996-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselle ás persoas que a continuación se relacionan a resolución do recurso ordinario do expediente instruído por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG Nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 025/1996-LU.

Denunciado: José Antonio Pérez Blanco.

Enderezo: rúa Somozas, 5-3º. Cedeira (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: artigos 6.10º e 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cento vintecinco mil dúas (125.002) pesetas.

Recurso ordinario presentado o día: 11 de xullo de 1996.

Resolución do recurso ordinario: desestimatorio confirmando a sanción de cento vintecinco mil dúas (125.002) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 24 de xaneiro de 1997.

Enrique Rodríguez González

Delegado Territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

714