A Orde do 2 de setembro de 1992 estableceu a estructura básica do sistema de información na área asistencial da atención especializada do Servicio Galego de Saúde. Con esta estructura vénse cumplindo o mandato establecido no artigo 23 da Lei xeral de sanidade polo que as administracións sanitarias crearían rexistros e elaborarían as análises de información necesarias para o coñecemento das distintas situacións das que poidan derivarse accións de intervención da actividade sanitaria.
A Orde do 15 de xuño de 1995, pola que se completa a estructura normalizada do sistema de información sanitaria dos hospitais do Servicio Galego de Saúde, establece un sistema de información e control da demanda de actividade programada na hospitalización e cirurxía, tanto para actividade propia como para a derivada a centros concertados.
Despois dun ano de funcionamento, considérase necesario axustar algúns aspectos que manifestanse como pouco operativos.
Polo tanto, no uso das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.
1º Engádese un novo artigo número 5 a Orde do 15 de xuño de 1995, coa seguinte redacción:
«Todolos informes e estudios elaborados pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde deberán aterse ós criterios establecidos na presente orde»
2º Modifícase o contido do primeiro parágrafo do apartado b), anexo II da Orde do 15 de xuño nos seguintes términos:
«b) Pacientes en lista de espera.
Recollería os pacientes que esperan por razóns estructurais, non contabilizándose, polo tanto, os que esperan por razóns médicas ou persoais. Estes pacientes son: ...».
3º Suprímese do anexo II, apartado b), da Orde do 15 de xuño, os criterios de baixa das colas de programación referidas cos numeros 11 (rexeitamento do traslado a centro privado) e 13 (rexeitamento do traslado a outro centro do Servicio Galego de Saúde).
Polo tanto, os criterios de baixa enumerados como 12, 14, 15 e 16 renuméranse como 11, 12, 13 e 14 respectivamente.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
820