Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 1997 Páx. 1.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo.

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello de Culleredo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-11-1996, subscrito en representación da parte económica polos representantes da Corporación Municipal e, da parte social polos representantes das organizacións sindicais, o día 28-10-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de decembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

I Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo ten entre os seus obxectivos reordena-las distintas áreas de funcionamento do per

soal laboral, cun criterio final tendente a consegui-la funcionarización, en canto sexa posible.

Para chegar a ese obxectivo, cómpre previamente fixar criterios de homologación, tanto na estructura dos distintos postos de traballo como nos aspectos económicos.

Este proceso realizarase ó longo dos tres anos de vixencia do presente convenio, período abranguido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 1 de xaneiro do ano 2000, no que se iniciará o camiño de equiparación retributiva anual entre o persoal laboral fixo e o funcionario do Concello, segundo a equivalencia de grupo, categorías e características especiais que para cada posto de traballo se establece en relación cos postos de traballo de persoal laboral fixo aprobada polo Pleno.

No anexo I do convenio recóllense os criterios de equivalencia entre postos.

Doutra parte, tódolos demais conceptos retributivos equipáranse tamén segundo as cantidades e equivalencias que se especifican no texto e anexos do convenio.

Para cada un dos postos de persoal laboral temporal, e de maneira nominal, fíxanse no anexo II deste convenio as cantidades que corresponde percibir a cada traballador ó longo da vixencia do convenio.

Artigo 1º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio, denominado I convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Culleredo, é subscrito, dunha parte, polos representantes das organizacións sindicais con representación no concello, e doutra, polos representantes da Corporación Municipal, e ten por obxecto regula-las condicións de traballo do persoal laboral.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación persoal.

As normas contidas no presente convenio colectivo serán de aplicación para todo o persoal fixo suxeito á lexislación laboral, excepción feita, se é o caso, do persoal de alta dirección definido segundo establece o artigo 1.3º.c e 2.1º.a do Estatuto dos traballadores.

As normas contidas neste convenio aplicaranse así mesmo ó persoal laboral que non teña a condición de fixo, coas adaptacións singulares que se deriven de cada contrato individual e no que sexa compatible coas particularidades da súa específica relación laboral.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O ámbito funcional do presente convenio esténdese a toda a actividade propia do Concello de Culleredo.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

O presente convenio aplicarase a tódolos centros de traballo dependentes do Concello de Culleredo.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

1. Vixencias: o presente convenio entrará en vigor a partir da súa publicación no BOP, agás nas materias nas que se pacte especificamente unha vixencia diferente. A súa duración será ata o 31 de decembro de 1999.

2. Denuncia:

a) As propostas de denuncia e revisión do convenio comunicaránselle por escrito á outra parte cunha anticipación dun mes con respecto ó remate da vixencia do acordo, quedando esta obrigada a xustifica-la recepción no prazo máximo de dez días.

b) Prórroga provisional: se as conversas ou estudios se prolongasen por prazo que excedese da vixencia do acordo, entenderase este prorrogado provisionalmente ata remata-las negociacións, sen prexuízo do que o novo acordo determine respecto á retroactividade.

3. O presente convenio quedará denunciado expresamente e de forma automática o 1 de xaneiro do ano 2000.

4. Revisión salarial: a revisión salarial anual axustarase ó disposto na Lei de orzamentos xerais do Estado para cada ano e ás súas disposicións complementarias e de desenvolvemento.

Ó persoal afectado por este acordo aplicaráselle unha revisión salarial en caso de que o IPC sexa superado polo IPC rexistrado no exercicio.

A dita revisión fixarase de forma que o incremento das retribucións, unha vez incorporada a dita revisión, manteña a mesma diferencia en puntos respecto ó IPC rexistrado que a orixinal, incluída na Lei de orzamentos xerais do Estado, en relación co IPC previsto.

Artigo 6º.-Aplicación de normas máis vantaxosas.

1. As disposicións de carácter xeral que establezan normas máis vantaxosas que as pactadas no presente convenio serán de aplicación inmediata, cando, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual resulten superiores a aquelas. Isto sen prexuízo de que tal circunstancia poida ser causa suficiente para a revisión do acordo.

2. Os conflictos orixinados pola colisión entre dúas ou máis normas, tanto legais como pactadas, que deberán respectar en todo caso os mínimos de dereito necesario, resolveranse mediante a aplicación da máis favorable para o traballador, apreciada no seu conxunto e en cómputo anual respecto ós conceptos cuantificables.

Artigo 7º.-Comisión paritaria de interpretación, vixilancia e estudio.

1. Dentro dos quince días seguintes á publicación no BOP do acordo, constituirase unha comisión paritaria de interpretación, vixilancia e estudio que ten por obxecto interpretar e estudia-las cuestións controvertidas que se deriven do desenvolvemento e aplicación do presente convenio.

2. Esta comisión terá unha composición paritaria e estará integrada por catro membros da corporación e outros catro por parte da representación sindical. A representación sindical estará formada por:

-Dous representantes por cada unha das organizacións sindicais que subscribisen ou se adherisen ó presente convenio.

-O presidente do comité de empresa.

-Un vocal designado polo comité de empresa.

3. A comisión paritaria poderá actuar por medio de ponencias para considerar asuntos concretos e especializados. En todo caso, a composición das ditas ponencias terá carácter paritario.

4. Para que sexan válidas as reunións da comisión paritaria será necesaria, polo menos, a asistencia de dous vocais designados pola representación sindical e polo menos dous representantes por parte da corporación.

5. Están facultados para propor cuestións derivadas da aplicación do presente convenio, a Corporación Municipal e os representantes do persoal, por si mesmos ou a pedimento de calquera traballador incluído no ámbito persoal deste acordo.

6. O presidente poderá convoca-la comisión en calquera momento e, en todo caso, cunha periodicidade mínima de dous meses. Sen prexuízo do anterior, a comisión poderá reunirse cando causas de urxencia ou necesidade o aconsellen por instancia de calquera das partes, nun prazo non superior a cinco días, desde a solicitude da reunión.

7. A comisión paritaria decidirá no prazo de dez días desde a data de reunión sobre os asuntos a ela sometidos.

8. Os acordos tomados pola comisión paritaria serán vinculantes para ámbalas partes e aplicaranse en tódolos centros de traballo dependentes do Concello de Culleredo e no ámbito persoal que corresponde a este convenio.

9. Son funcións da comisión paritaria no ámbito de aplicación do presente convenio as seguintes:

a) Interpreta-la totalidade do articulado do convenio e vixia-lo cumprimento do pactado.

b) Coñecer das convocatorias de postos de traballo e oferta de emprego, con carácter previo á súa publicación.

c) Participar na definición dos postos de traballo do concello, así como nas modificacións das relacións de postos de traballo (RPT).

d) Calquera outra que se lle asigne no presente convenio.

Artigo 8º.-Indivisibilidade do convenio.

1. As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente en cómputo anual.

No suposto de que a xurisdicción laboral competente no exercicio das súas facultades deixase sen efecto ou modificase algunha das estipulacións do convenio, deberá procederse á súa adaptación total, facultándose para iso á comisión paritaria.

2. O presente convenio é de aplicación prevalente sobre calquera outra norma de igual ou inferior cate

goría, vixente á data da sinatura que regule materias recollidas nel.

Artigo 9º.-Organización e dirección do traballo.

9.1. Conforme a lexislación vixente, a organización do traballo é facultade exclusiva da Corporación Municipal a través dos seus órganos de goberno e a súa aplicación práctica corresponde os titulares das xefaturas das distintas unidades administrativas, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidas ó persoal ó servicio das administracións públicas na lexislación vixente.

En todo caso respectaranse os acordos que para o efecto se adoptan neste convenio.

9.2. Ademais do establecido no artigo 39 do Estatuto dos traballadores teranse en conta os seguintes principios:

1. A realización de traballos de categoría superior ou inferior responderá a necesidades excepcionais e perentorias e durará o tempo mínimo imprescindible.

A ser posible, comunicaráselle ó traballador, por escrito, con 48 horas de antelación e, en todo caso, con anterioridade ó inicio do cambio de posto de traballo.

2. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos. Transcorrido o período citado, e persistindo as mesmas circunstancias, o desempeño das funcións realizarase por rotación semestral, no suposto de existir máis dun traballador que reúna os requisitos e a capacidade necesarios para a categoría que se vai cubrir, sempre que se desenvolvan as funcións adecuadamente. O límite de seis meses consecutivos ou dez alternos non será aplicable cando non sexa posible a rotación por non existiren no centro de traballo outros traballadores que reúnan as condicións necesarias de acordo co disposto no presente punto.

A praza deixada vacante por estes traballadores ou polos seus substitutos cubrirase por contratación temporal, de acordo co establecido no artigo 25º.4 do presente convenio.

3. A realización de funcións de categoría superior requirirá autorización expresa do alcalde-presidente. Se a urxencia na cobertura da vacante non permite a autorización previa requirirase que, no prazo de quince días, o alcalde-presidente ratifique o citado desempeño.

Da autorización ou ratificación darase conta á comisión paritaria e ó comité de empresa.

4. Os postos de traballo cubertos polo procedemento regulado no presente artigo incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque, a non ser que a praza estea reservada ó seu titular.

5. O simple desempeño dunha categoría superior non consolidará o salario nin a categoría superior. O único procedemento válido para consolidar unha categoría superior é o de supera-lo correspondente proceso selectivo.

6. Os traballadores só poderán realizar traballos de categoría inmediatamente inferior á súa durante un só período non superior a trinta días consecutivos, sen prexuízo do establecido no apartado 2º do artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

Transcorrido o período citado, o traballador non poderá volver ocupar un posto de categoría inferior ata que transcorra un ano.

Os servicios afectados comunicaranlle ó comite de empresa tódalas modificacións que se produzan, recollidas en cada un dos apartados anteriores.

Artigo 10º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal e os membros do comité de empresa, sen prexuízo das competencias, funcións e dereitos recoñecidos pola lexislación vixente, terán os seguintes dereitos específicos:

1. Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal disporán, avisando previamente, sempre que sexa posible, con 24 horas á dirección do centro de traballo, do tempo retribuído necesario para realizar xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal. As horas mensuais necesarias para cubrir esta finalidade fíxanse en 35 horas.

2. Coñecer e consulta-lo rexistro de accidentes de traballo e as súas causas. Terán acceso ó cadro horario, do que recibirán unha copia. Tamén accederán ós modelos TC-1 e TC-2 das cotizacións á Seguridade Social, ó calendario laboral, ós orzamentos do centro, a un exemplar da memoria anual do centro e a calquera outro documento relacionado coas condicións de traballo que afecten ó persoal.

3. Poderán utilizar fotocopiadoras, multicopistas e demais aparellos de reprografía para uso da súa administración interna.

4. Facilitaránselle-los taboleiros de anuncios necesarios para que, baixo a súa responsabilidade, coloquen tódolos avisos e comunicacións que deban efectuar e consideren pertinente, sen máis limitacións que as expresamente sinaladas pola lei. Os ditos taboleiros instalaranse en lugares claramente visibles para permitir que a información chegue ó persoal.

5. Os comités de empresa ou os delegados de persoal poderán acorda-la acumulación das horas sindicais dos seus membros, nun ou en varios deles, de acordo co seguinte réxime:

A petición de acumulación deberá facerse por escrito, con autorización tanto do cedente como do cesionario, comunicándollo á dirección do centro.

Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas dun mes para outro mes.

6. Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal terán, ademais das garantías recollidas no presente convenio, as establecidas nos apartados a), b) e c) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores, desde o momento da súa proclamación como candidatos e ata dous anos despois do cesamento no seu cargo sindical.

7. Realización de asembleas:

a) Os comités de empresa e os delegados de persoal disporán dun mínimo de 20 horas anuais para este fin. As asembleas convocadas cunha duración máxima de media hora, antes do inicio ou do final da xornada, non serán computadas, se ben, con este carácter, só poderán convocarse como máximo dúas asembleas mensuais. Para tal fin. a Administración facilitará os locais adecuados en cada centro de traballo.

Os convocantes garantirán en todo momento a prestación dos servicios que se realizarán durante as asembleas, así como a orde destas.

En ámbolos supostos, o previo aviso, con antelación de 24 horas, que se deberá facer á dirección do centro ou servicio, deberá ir acompañado da orde do día que se vai tratar na reunión.

b) Cando en determinados casos, pola existencia de varias quendas de traballo, non se poida reunir simultaneamente a totalidade do cadro de persoal, as asembleas parciais das diferentes quendas consideraranse, para estes efectos, como unha asemblea. Así mesmo, poderanse celebrar asembleas convocadas polo 20 por 100 do cadro de persoal.

As asembleas celebraranse en locais facilitados polo concello para tal fin.

Artigo 11º.-Das seccións sindicais e dos delegados sindicais.

1. Das seccións sindicais:

Sen prexuízo do disposto na Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (LOLS), as seccións sindicais pertencentes a unha central sindical que obtivesen máis do 10 por 100 dos membros do respectivo comité de empresa, terán nos centros de traballo os seguintes dereitos:

a) A un número de delegados sindicais, previstos no artigo 10.2º da LOLS, coa seguinte escala:

De 1 a 100 traballadores: 1

De 101 a 500 traballadores: 3

b) A dispoñer dun local sindical, que compartirán co comité de empresa, en centros de máis de 50 traballadores, provisto de teléfono, de mobiliario e de material de oficina necesario para desenvolve-la súa actividade representativa.

c) Realización de asembleas:

A realización de asembleas fóra e dentro da xornada de traballo queda establecida nos mesmos termos en que se configura este dereito para os comités de empresa.

2. Dos delegados sindicais:

Os delegados sindicais a que se refire o apartado a) do punto anterior terán dereito, sen prexuízo do establecido na LOLS no seu artigo 10.3º.a ós seguintes dereitos e garantías:

a) O mesmo crédito horario sinalado no artigo 10º.7 do presente convenio para os membros do comité de empresa.

No caso de que nun delegado sindical concorra tamén a condición de membro do comité de empresa, o crédito horario de que disporá será o acumulado polos dous tipos de representación.

b) Á representación dos afiliados da sección sindical en tódalas xestións necesarias ante a dirección respectiva, e a seren oídos por esta no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ó persoal en xeral, e ós afiliados do sindicato, en particular.

c) A seren informados e oídos pola empresa con carácter previo:

-Acerca dos despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ó sindicato.

-En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores, cando revistan carácter colectivo ou individual, ou do centro de traballo en xeral, e sobre calquera proxecto ou acción administrativa que poida afectar ó persoal.

-Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

d) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa deba poñer a disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente procedan.

e) Terán as mesmas garantías e dereitos que a lei e o convenio colectivo lles recoñeza ós membros do comité de empresa.

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional que poida producirse como consecuencia das necesidades do servicio, poderá levarse a cabo sempre que non supoña unha modificación substancial das condicións de traballo e realizarase sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador afectado e sen dereito a ningunha indemnización, sendo preceptivo o informe do comité de empresa, que deberá emitirse nun prazo máximo de tres días.

Artigo 13º.-Calendario laboral.

O calendario laboral será o que os organismos competentes das administracións central, autonómica e local, dentro das súas respectivas competencias, sinalen e afecten ó concello de Culleredo.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

1. A xornada laboral común será a que sinale a lexislación vixente para o persoal laboral da Administración pública, actualmente fixada, con carácter xeral, en 37 horas e 30 minutos semanais.

2. O horario laboral establecido con carácter xeral será de luns a venres de 8.15 horas a 14.45 horas, completándose o resto do horario coas correspondentes quendas en xornada de tarde e sábado.

Desde o 15 de xuño ó 15 de setembro realizarase só horario de mañá, debéndose recupera-las horas non realizadas ó longo do ano.

3. Desfrutarase dunha pausa na xornada de traballo por un período de 20 minutos, computables como de traballo efectivo, que en ningún caso poderá distorsiona-lo normal funcionamento dos servicios.

4. Para o persoal que desenvolve a súa actividade en réxime de quendas, o número de horas sinalado no punto 1 do presente artigo poderá ser ampliado ata un máximo de 44 horas, sen que isto supoña de ningunha maneira realizar maior número de horas anuais cás establecidas de forma xenérica para o persoal laboral da Administración local e sempre tendo en conta que para este persoal laboral, pola distorsión horaria que sofren, se procurará que cos sucesivos axustes do cadro de persoal se tenda ó recoñecemento e consecución do dereito a desfrutar de dúas fins de semana libres cada mes, entendéndose por iso sábado e domingo completos.

5. As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia do persoal requirirán o aviso inmediato ó responsable da unidade correspondente, así como a súa ulterior xustificación acreditativa, que será notificada ó órgano competente en materia de persoal.

En todo caso e sen prexuízo da facultade discrecional dos titulares das unidades administrativas a esixir en calquera momento a xustificación documental oportuna, a partir do terceiro día de enfermidade será obrigatoria a presentación do parte de baixa e os sucesivos de confirmación.

6. Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-lo seu traballo en réxime de quendas, ou os que non admitan o tratamento común en canto a horario de traballo establecido con carácter xeral, axustaranse ós horarios que serán fixados pola Corporación, logo do acordo da comisión paritaria, os cales se incorporarán como anexos ó presente convenio, respectando de tódolos xeitos o indicado no apartado 4 sobre número de horas de traballo continuado e de libranza.

7. Calquera modificación dos horarios actuais e do réxime de quendas será negociada na comisión paritaria e trasladado o resultado do pacto ós correspondentes anexos.

Existirá un anexo que conformará o cadro de quendas e horarios do persoal que traballe en réxime de quendas, para a totalidade do ano laboral, o cal deberá estar confeccionado e exposto no mes de novembro do ano anterior ó que faga referencia.

En caso de ter que traballar en día sinalado como libre, deberá comunicarse esta circunstancia a quen resulte afectado con catro días de antelación, como mínimo, agás supostos nos que isto resulte imposible por corresponderse con situacións de difícil ou imposible previsión ou casos de catástrofe ou calamidade pública.

Nas situacións que non se correspondan con casos de catástrofe ou calamidade pública, os cambios obedecerán sempre a necesidades do servicio de imposible ou difícil previsión, compensando o persoal afectado co desfrute como libre doutro día laborable de análogas características. Exemplo: festivo por festivo, sábado por

sábado, quenda de noite por quenda de noite, etc. A valoración da citada imposible ou difícil previsión faraa, se é o caso, a comisión paritaria de interpretación, vixilancia e estudio.

En caso de que o indicado anteriormente supoña unha diminución nos servicios, poderase cambia-lo sistema de compensación en días polo económico, de acordo co establecido nos artigos 36º.7 e 38º de gratificacións por servicios extraordinarios.

8. As faltas de puntualidade ou ausencias sen xustificar que se produzan ó longo do mes e que, no seu conxunto, non superen o tope de dúas horas para o citado período veranse penalizadas co desconto do 3,5% da suma total de retribucións correspondentes a unha mensualidade ordinaria, excluídos trienios.

9. Se a falta de puntualidade ou ausencia do posto de traballo referido superasen o tope de dúas horas mensuais, e non estivesen aquelas debidamente xustificadas ante o superior inmediato, a deducción sobre as retribucións computadas será do 5,5%.

10. O desconto das cantidades antes referidas producirase no nómina do mes seguinte a aquel en que se produza a ausencia ou atraso a que se fai referencia nos puntos anteriores, e logo de notificación persoal ó interesado, ó que se lle dará un prazo de cinco días para que presente as alegacións oportunas. Transcorrido o dito prazo sen que se achegase xustificante suficiente ou sen que se desvirtuasen os feitos, tomarase o atraso producido como incidencia, para os efectos de confección da nómina correspondente.

Artigo 15º

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará de trinta e un días de vacacións anuais retribuídas.

Artigo 16º

1. Considérase como período normal de vacacións o abranguido entre o 1 de xullo e o 1 de outubro, agás para o persoal do que a índole especial das súas funcións aconselle outro período.

2. O persoal poderá solicita-la división das súas vacacións anuais, debendo comezarse os días 1 ou 16 do mes de que se trate. Neste caso, a suma total dos dous períodos de vacacións será tamén de trinta e un días naturais.

3. No caso en que, por necesidades do servicio, sexa preciso que o persoal desfrute as súas vacacións ou parte delas dentro do período abranguido entre o 2 de outubro e o 30 de maio, a súa duración será de 35 días naturais ou a parte proporcional correspondente.

4. A Administración municipal procurará que o cadro xeral de vacacións estea confeccionado e sexa coñecido antes do 15 de abril de cada ano.

5. No caso de que se produza colisión de intereses no desfrute das quendas de vacacións, estas estableceranse de maneira rotativa polos distintos meses vacacionais, seguindo estrictos criterios de antigüidade dentro de cada categoría profesional e/ou funcional.

Artigo 17º

O persoal incluído no ámbito de aplicación do presente convenio, e logo de adecuada xustificación, terá dereito a licencias retribuídas polos tempos e causas seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días en caso de nacemento dun fillo e nos de morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando os ditos casos se produzan en distinta localidade da do domicilio do traballador, o prazo de licencia será de catro días.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

d) Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais ou homologados de formación, durante os días da súa celebración, non excedendo en conxunto de dez días ó ano.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) As traballadoras por lactancia dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo. Este dereito poderá ser exercido igualmente polos pais, sempre que se demostre que non é utilizado pola nai a un mesmo tempo.

g) Ata nove días cada ano natural por asuntos particulares non incluídos nos puntos anteriores, sen necesidade de xustificación.

Estes días non poderán acumularse en ningún caso ás vacacións anuais retribuídas.

O persoal poderá desfrutar destes días á súa conveniencia, logo de autorización da xefatura de persoal e respectando en todo caso as necesidades do servicio.

A comisión paritaria fixará os criterios de concesión para o caso de que exista coincidencia de solicitude de días do persoal do mesmo servicio.

O persoal de quendas, xornadas especiais ou que desenvolvan xornada de complemento horario, desfrutará destes días sempre que non coincida coa súa xornada especial ou complemento de horario, nin altere a quenda de noite. A súa equivalencia en horas de traballo será a dunha xornada normal de mañá.

h) Establécese como día festivo propio do persoal que presta servicios no Concello de Culleredo o día de Santa Rita, patrona do persoal da Administración local.

Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro e o chamado Sábado Santo, as oficinas municipais pecharán ó público.

En ámbolos dous casos permanecerán abertas a unidade de información e rexistro e aquelas que pola súa especial natureza deban realiza-las súas funcións habituais, segundo o fixe a comisión paritaria.

Nos servicios onde non sexa posible o seu desfrute, computarase como festivo que se descontará das horas

anuais laborais, sen prexuízo da compensación que por traballar en festivo corresponda en cada caso.

i) A comisión paritaria de interpretación, vixilancia e estudio establecerá as quendas de permisos correspondentes ó período de Nadal e Reis.

Artigo 18º.-Premio especial de antigüidade.

Establécese un premio especial de antigüidade por cada 10 anos de servicios prestados ininterrompidamente neste concello, consistente no desfrute dunha semana adicional de vacacións, que non poderá acumularse ó período vacacional.

Artigo 19º

1. Poderanse conceder licencias, sen dereito a ningunha retribución, ó persoal laboral que leve polo menos un ano de servicio efectivo, e por prazo non inferior a sete días nin superior a tres meses, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

2. A duración acumulada destas licencias non poderá exceder de tres meses cada dous anos.

Artigo 20º

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito á diminución da xornada diaria de traballo nunha porcentaxe de ata un tercio dela, coa reducción proporcional nas súas retribucións.

Artigo 21º

O réxime disciplinario aplicable ó persoal laboral do Concello de Culleredo, será, por analoxía, o establecido no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, así como na Lei 30/1984 e no Real decreto 33/1986, do 10 de xaneiro, ou normas que as substitúan.

Artigo 22º

As necesidades de persoal laboral do Concello de Culleredo, a excepción dos postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente relación de postos de traballo, cubriranse polos sistemas de selección externa e/ou de promoción interna, nos termos establecidos neste convenio.

Artigo 23º

O ingreso realizarase mediante convocatoria pública e levarase a cabo a través dos sistemas de oposición, concurso-oposición ou concurso, nos que se garantan, en todo caso, os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Artigo 24º

As regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección do persoal laboral do Concello de Culleredo serán as establecidas no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e supletoriamente no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, ou, no seu defecto, as aprobadas pola corporación, logo do informe da comisión paritaria.

Artigo 25º.-Provisión de postos de traballo.

1. Os postos de traballo adscritos ó persoal laboral proveranse de acordo cos procedementos de concurso, que é o sistema normal de provisión, ou de libre designación, de conformidade co que determinen as relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións.

Os postos de traballo que poderán proverse como de libre designación serán os correspondentes á categoría 1 do grupo I.

2. Temporalmente poderán ser cubertos mediante comisión de servicios e/ou adscrición provisional durante un prazo máximo dun ano, prorrogable por outro máis.

3. Os procedementos de concurso e libre designación para a provisión dos postos de traballo para desempeñar polo persoal laboral ó servicio da Administración municipal de Culleredo rexeranse pola convocatoria respectiva, que se axustará ó disposto no Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional, aprobado polo Real decreto 363/1995, do 10 de marzo.

4. Contratación de persoal laboral temporal

Os postos de traballo vacantes que non se provexan polos sistemas regulados no punto 1 do presente artigo e dos que se considere necesaria a súa provisión poderán cubrirse mediante a contratación de persoal laboral temporal. Para iso seguirase o seguinte procedemento:

a) Chamarase, segundo a categoría de que se trate, ó primeiro aspirante da lista elaborada ó abeiro do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e de acordo co sistema previsto nel.

b) De non existiren listas elaboradas para o efecto, solicitarase do INEM, de maneira xenérica, un mínimo de tres traballadores en situación de desemprego, por cada unha das vacantes que se pretendan cubrir. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello daráselle publicidada á citada petición, co fin de que os interesados nas vacantes ofertadas poidan participar no proceso selectivo que se realice para tal efecto.

Artigo 26º

Trala entrada en vigor deste convenio efectuaranse, atendendo ás necesidades obxectivas do servicio, procesos de promoción, separados dos de ingreso, que se desenvolverán en convocatorias independentes.

Artigo 27º.-Criterios de promoción aplicables ó grupo V.

A convocatoria de promoción do grupo V ó grupo IV efectuarase mediante concurso, no que se valorarán tanto os méritos relacionados cos postos de traballo desempeñados, o nivel de formación e a antigüidade, como os coñecementos concretos da área á que pertenzan as prazas.

Artigo 28º.-Criterios de promoción aplicables ó grupo IV.

O acceso ó grupo III poderá realizarse a través da promoción desde o grupo IV.

O persoal laboral do grupo IV que careza do título de bacharelato ou equivalente, poderá participar nas convocatorias de promoción ó grupo III, sempre que teñan unha antigüidade de dez anos no grupo IV.

A convocatoria de promoción do grupo IV ó III efectuarase polo sistema de concurso.

Artigo 29º.-Criterios de promoción aplicables ó grupo III, II e I.

Nos concursos nos que o persoal dun grupo compita con outro do grupo superior primarase a pertenza ó grupo superior.

Artigo 30º.-Garantía dos postos de traballo.

O persoal laboral que acceda a un posto de traballo polo procedemento de concurso poderá ser removido deste por causas sobrevidas, derivadas dunha alteración no contido do posto de traballo, realizado a través das relacións de postos de traballo, que modifique os supostos que serviron de base á convocatoria.

Así mesmo, procederá remoción derivada dunha falta de capacidade para o desempeño do posto, manifestada por rendemento insuficiente, que non comporte inhibición e que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ó posto.

A proposta motivada de remoción será formulada polo alcalde e deberá ser aprobada en pleno corporativo, logo de audiencia do interesado, e informe da comisión especial.

Artigo 31º.-Funcionarización.

Durante o período de vixencia do presente convenio impulsarase o proceso de funcionarización derivado das disposicións establecidas no artigo 15 da Lei 30/1984, e sempre respectando as condicións e requisitos esixidos para o ingreso no correspondente corpo, escala e praza, e garantíndose o nivel retributivo alcanzado polo persoal que se vai funcionarizar mediante o oportuno complemento persoal transitorio, se é o caso.

Artigo 32º.-Recoñecemento de servicios prestados.

Os servicios prestados polo persoal laboral fixo do Concello de Culleredo noutras administracións públicas seranlles recoñecidos para efectos de perfeccionamento de trienios, calquera que fose o réxime xurídico nos que prestase, excepto aqueles que tivesen o carácter de prestacións persoais obrigatorias.

No suposto de que pertencese a máis dun, computarase o correspondente ó último período de servicios prestados.

Artigo 35º.-Anticipos salariais.

1. O persoal laboral con máis dun ano de antigüidade poderá solicitar anticipos de salarios non devengados; a súa concesión quedará suxeita ás seguintes condicións:

a) Os ditos anticipos non devengarán ningún xuro e alcanzarán, como máximo, a contía equivalente a tres mensualidades do salario bruto, non podendo superar, en todo caso, a cantidade de 750.000 pesetas.

b) A devolución das cantidades anticipadas realizarase mediante deduccións nas nóminas correspondentes e a partir do mes seguinte ó da concesión do anticipo nun prazo máximo de 12 mensualidades de igual contía para os grupos I e II e de 24 mensualidades para o resto dos grupos.

c) O período máximo de devolución dos anticipos obtidos non poderá exceder, en ningún caso, a data en que se produza a xubilación do persoal laboral, rateándose neste caso o importe que reste de devolución entre tantas mensualidades como falten ata o momento da xubilación.

d) No suposto en que o persoal laboral a quen se lle outorgase un anticipo suspendese ou extinguise a súa relación persoal coa Administración, o reintegro das cantidades non devoltas será realizado dentro do mesmo mes no que se produza a dita situación.

2. Non se concederán novos anticipos de soldo mentres non fose devolto integramente o concedido.

3. Para os efectos de establecer prioridades na concesión de anticipos reintegrables terase en conta o principio de capacidade económica dos solicitantes.

4. En ningún caso os anticipos outorgados poderán excede-los remanentes da partida orzamentaria establecida para tal efecto.

5. En todo caso será necesario o informe da comisión paritaria.

6. A Administración consultará coa comisión paritaria a asignación económica que se destinará nos orzamentos anuais para anticipos.

Artigo 34º.-Acción social.

1. Servicios sanitarios non concertados.

Concederase unha axuda polos gastos de odontoloxía e óptica, que non superará a cantidade de 45.000 pesetas e 5.000 pesetas, respectivamente, sen que poida cubrirse o custo total, e deberase presentar xunto coa solicitude a xustificación do gasto, así como a factura detallada deste e a prescrición médica correspondente; non se poderá concede-la axuda se o solicitante a obtivese nos cinco últimos anos inmediatamente anteriores.

2. Asistencia xurídica.

a) A corporación obrígase a prestar asistencia xurídica ós seus empregados nos supostos de conflictos xurdidos con terceiros, como consecuencia da prestación dos seus servicios, así como a cubrir posibles responsabilidades civís que puidesen derivarse das actividades laborais daqueles. Nos casos de manifesta neglixencia debidamente probada, delicto, falta ou infracción regulamentaria grave, cando así se establecese por sentencia ou sanción administrativa firme, a Administración poderá esixi-lo reintegro das cantidades pagadas por este concepto.

b) Para estes efectos o concello subscribirá unha póliza que garanta unha adecuada cobertura por responsabilidade civil que poida derivarse das actividades profesionais do persoal municipal, agás en caso de

manifesta neglixencia debidamente probada, delicto, falta ou infracción regulamentaria.

3. Póliza de seguros de accidentes

O concello manterá a póliza de seguros de accidentes con resultado de morte ou incapacidade laboral permanente, co obxecto de garanti-la cobertura dos ditos riscos ós seus empregados cando se produza con ocasión de accidentes de traballo.

4. Plan de pensións ou xubilación

O concello, no período de vixencia deste convenio, comprométese a negociar un plan de pensións ou xubilación para os traballadores deste concello, dentro das súas posibilidades económicas, en canto ás garantías.

5. Escola infantil municipal

O persoal laboral terá prioridade na concesión de prazas, sendo subvencionables con 50.000 pesetas cada unha ata 3 e como máximo de 150.000 pesetas. De haber máis solicitudes estudiarase o asunto na comisión paritaria.

Artigo 35º.-Formación.

1. Permisos retribuídos

a) O tempo de asistencia ós cursos de fomación programados por calquera das administracións públicas para a capacitación profesional ou para a adaptación a un novo posto de traballo, e sempre que teñan relación coa actividade municipal, considerarase tempo de traballo, para tódolos efectos, cando os cursos se celebren dentro do horario de traballo.

b) Así mesmo, para facilita-la formación profesional e o desenvolvemento persoal dos empregados municipais, concederanse permisos para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional distinta ós recollidos no número 1 deste artigo e o contido dos cales estea directamente relacionado co posto de traballo ou a correspondente carreira profesional administrativa, logo de informe favorable do superior xerárquico correspondente.

2. Permiso non retribuído, dunha duración máxima de tres meses, para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional non directamente relacionados coa función pública, sempre que a xestión do servicio e a organización do traballo o permitan.

3. Os períodos de desfrute destes permisos non poderán acumularse ós doutros tipos de permiso e/ou licencias.

Artigo 36º

1. As retribucións do persoal laboral do Concello de Culleredo clasifícanse en básicas e complementarias.

2. Son retribucións básicas:

a) O soldo base que se corresponde coa titulación esixida para o ingreso en cada un dos grupos profesionais existentes, segundo anexo I.

b) Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada grupo, por cada tres anos de servicios efectivos prestados en cada un deles, segundo o anexo.

No caso de que un traballador preste os seus servicios sucesivamente en diferentes grupos, terá dereito á valoración total dos seus trienios conforme a retribución asignada ó de maior valor.

3. Son retribucións complementarias:

a) O complemento do posto de traballo que é o complemento salarial destinado a retribuí-las especiais dificultades materiais e/ou técnicas, así como a responsabilidade, que esixa ou determine o desempeño do posto de traballo concreto, segundo establece a correspondente relación de postos de traballo.

b) Complemento de dispoñibilidade horaria é o complemento salarial destinado a retribuí-lo aumento da xornada de traballo, por necesidades do servicio que deba realiza-lo persoal que ocupa determinados postos de traballo, sen que o computo anual poida supera-lo número máximo de horas establecido legalmente.

As cantidades correspondentes a este complemento figurarán así mesmo na relación de postos de traballo.

c) O complemento de perigosidade, toxicidade e penosidade, que ten natureza funcional e ocasional, derivado das especiais características obxectivas dun determinado posto de traballo. Para o seu recoñecemento será necesaria a autorización expresa da autoridade laboral competente.

4. As pagas extraordinarias serán de dúas ó ano, por importe cada unha delas dunha mensualidade do salario e devengaranse nos meses de xuño e decembro.

5. O persoal laboral percibirá as indemnizacións que lle correspondan por razón do servicio, que se adecuarán ó disposto na normativa vixente.

6. O presente convenio garante e respecta as condicións económicas máis beneficiosas que puidesen existir con carácter persoal entre os traballadores do concello.

7. As gratificacións por servicios extraordinarios, fóra da xornada esixible, que en ningún caso poderán ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

A non utilización dos días por asuntos propios dará lugar á gratificación extraordinaria que acorde a comisión paritaria por proposta da xunta de persoal e/ou do xefe da unidade á que está adscrito o traballador.

Artigo 37º.-Incompatibilidades.

Ó persoal laboral do Concello de Culleredo aplicaráselle o réxime de incompatibilidades, de acordo coas normas estatais e autonómicas sobre a materia.

En concreto, deberase ter presente o cumprimento da dilixencia esixida no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, en relación co artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril.

A opción dun traballador incurso en incompatibilidades, que renunciase ó seu posto na organización do concello, non se verá limitada polo prazo mínimo de antigüidade que, para efectos de excedencia, esixe o Estatuto dos traballadores.

A percepción dos complementos retributivos previstos no artigo 36º do presente convenio quedará sometida ó réxime de incompatibilidades previstas na Lei 53/1984 e no Real decreto 598/1985.

Artigo 38º.-Gratificacións por servicios especiais e extraordinarios.

1. A realización de servicios extraordinarios que deban ser realizados por persoal laboral municipal fóra da xornada de traballo deberá contar coa autorización expresa do alcalde, dando conta ó comité de empresa.

2. Establécese un sistema único de franqueo das horas traballadas fóra do horario habitual por horas libres dentro da xornada laboral, a razón dunha hora e media libre por hora traballada nestes servicios, se o fose en xornada diurna, e dúas horas libres por hora traballada festiva ou nocturna, entendéndose como xornadas nocturnas as abranguidas entre as 22 e as 8 horas, ámbalas dúas incluídas, así como aquelas que se realicen por necesidades do servicio en prolongación da xornada nocturna.

3. Cando por necesidades do servicio debidamente xustificadas non se puidese optar polo sistema de franqueo mencionado poderá autorizarse a realización de servicios extraordinarios á marxe da xornada normal de traballo, que deberán ser retribuídos de acordo cos valores expresados no apartado 6 do presente artigo. En calquera caso a realización destas horas axustarase ó procedemento establecido no apartado 1 do presente artigo.

4. Neste último suposto o número de horas traballadas fóra da xornada normal non poderá nunca excede-los límites de 80 ó ano por cada traballador, procurando sempre, na medida do posible, que poidan ter acceso a elas o maior número de traballadores, de tal xeito que a súa realización se distribúa con criterios de igualdade.

5. A corporación estará obrigada a facilitar mensualmente ó comité de empresa relación nominal das horas extraordinarias realizadas e cantidades percibidas.

6. A cuantificación do valor/hora, para efectos de gratificacións por servicios especiais e extraordinarios, calcúlanse segundo o criterio seguinte:

-O valor/hora ano calcúlase dividindo a retribución total anual de cada traballador (excluíndo dela os trienios) entre o número total de horas dese período.

-O valor/hora extra normal calcúlase incrementando o valor hora/ano nun 25%.

-O valor/hora extraordinaria festiva calcúlase incrementando o valor hora/ano nun 50%.

-O valor/hora extraordinaria nocturna calcúlase incrementando o valor/hora nun 75%.

Artigo 39º.-Normas de seguridade e hixiene.

Serán de aplicación as normas de seguridade e hixiene que estean en vigor no réxime laboral e concretamente a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Para tal fin, serán designados os delegados de prevención entre os representantes de persoal, e igualmente se constituirá o comité de seguridade e saúde.

Artigo 40º.-Formación permanente.

1. O concello queda obrigado a adoptar cantas medidas sexan necesarias para posibilita-la formación e perfeccionamento dos seus empregados, consegui-la súa formación e o mellor desenvolvemento do seu labor.

2. En concordancia con esta disposición daránselle facilidades a quen preste os seus servicios en réxime de quendas para que poidan asistir a cursos nos que estean matriculados e que coincidan coa xornada de traballo, debéndose xustificar ante o xefe do servicio ó cal está adscrito a asistencia e o aproveitamento obtido.

3. O acceso de persoal á formación articularase a través dun regulamento elaborado pola comisión paritaria, o cal establecerá a fórmula para distribuí-la concorrencia do persoal ós distintos cursos de especialización e reciclaxe.

Disposicións adicionais

Primeira.-Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación para o persoal laboral fixo terá lugar ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos.

No caso de que algún traballador, ó chegar a esa idade, non cumprise o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causar dereito á dita prestación poderá autorizarse a continuación da prestación do servicio ata cumpri-lo dito período mínimo de cotización.

Segunda.-A comisión paritaria establecerá un regulamento de provisión de postos de traballo mediante concurso, no que se valorarán os méritos, cursos de formación, antigüidade, etc., e que se incorporarán como anexo ó presente convenio, respectando os criterios fixados no Regulamento xeral de provisión de postos de traballo, Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Terceira.-No non previsto neste convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Disposición derradeira

O presente I convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Culleredo é asinado polos representantes da corporación da mesa de negociación.

-Polo PSOE:

O alcalde

Julio Sacristán de Diego

O tenente alcalde

Ricardo Seoane Canda

-Polo PP:

O concelleiro

Enrique Amor Regueiro

-Polo BNG:

O concelleiro

Narciso Marzoa Martínez

-E polos representantes do persoal na mesa de negociación do presente convenio, composta por catro delegados da UGT:

Edmundo Varela Lema, José Ramón Couceiro Ares, Carlos Traviesas Sampedro, Pablo Bouza Suárez

e dúas delegadas da CIG:

Mª José Cagiao Vila e Mª Jesús Rodríguez García

Someterase posteriormente á súa ratificación polo Pleno do Concello

Culleredo, 28 de outubro de 1996.

ANEXO I

Grupos e categorías profesionais do persoal laboral

(Equivalencias con grupos e niveis do persoal funcionario do Concello de Culleredo).

Grupo profesionalCategoríaNivel de

equivalencia

Salario

base

I ATitulados superiores1263283129
2243092470
3222971586
4202855608

II BTitulados medios1242770498
2222649614
3202533636
4182459352
5162385105

III CEspecialistas,1202073750
oficiais administrativos2181999466
3161925219
4141850948

IV DAux. administrativos e1181753934
persoal de oficio2161679687
3141605416
4121531119

V EPersoal subalterno, de1121435219
vixilancia e de servicio2101360985
391342429
461286700

VIOutrosA determinar

As retribucións correspondentes a estos grupos e categorías profesionais actualizaranse sempre que se faga para o persoal funcionario do concello e cos mesmos criterios.

Relación de postos de traballo 1996. Persoal laboral fijo D

Área: gabinete da alcaldía.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Secretaria de Alcald.O1IV12577554CGraduado escolarFuncionarizable 96
TelefonistaO1V31342429CEstudios primariosFuncionarizable 97
OrdenanzaO4V31668697CEstudios primariosFuncionarizable 97
Axente Notif.O1V31668697CEstudios primariosFuncionarizable 97
Axente desenvolvemento local(*)V1I23140939C/LSocioloxíaDesenvolvemento localO.P.E.1997-F 1999/Ocupada p.l.temp.

(*) Compl. Dispoñibil.: ADAPT 1653921

Área: urbanismo.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Tec. Aux. Delin.V1IV11813192CFP1OPE 1996-F1999

Área: sanidade e asuntos sociais.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Xef. sección S. Soc. médicoO1I13548920C/LMedicinaXestión/Serv. Soc.Funcionarizable 97
Psicóloga S. sociaisO1I33072271CPsicoloxíaServ. sociaisFuncionarizable 97
Traballador/a socialO1II22649614CTraballo socialFuncionarizable 97
Animador/a S. sociaisV1II22649614CMestre/aAnimación/Serv. Soc.O.P.E.1997/Ocupada p.l.temp.
Pedagogo/a S. sociaisV2I32971586CServ. sociaisO.P.E.1997/Ocupada p.l.temp.
Educador/a Discapac.V1III22477225CFP2/Educad. socialO.P.E.1998/Ocupada p.l.temp.

Área: deportes e participación cidadá.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Técnico deportesOI13283129C/LLicenciado INEFXestiónFuncionarizable 97

Área: formación e emprego.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Xestor formaciónV1II14034610C/LInxeñeiro técnicoXestión/Form/empregoO.P.E.1997-F1999/Ocupada p.l.temp.
Administrativo/aV1III22235025CAdministrativo FP2InformáticaO.P.E.1997-F1999/Ocupada p.l.temp.
Conserxe Formc./Empr.V1V31687476CEstudios primariosO.P.E.1998-F1999/Ocupada p.l.temp.
Auxiliar Advo.V1IV31687476CGraduado escolarInformáticaO.P.E.1998-F1999/Ocupada p.l.temp.

Área: educación.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Pedagogo/a educaciónO1I33072271CPedagoxíaFuncionarizable 97
Psicólogo/a educaciónO1I33072271CPsicoloxíaFuncionarizable 97

Área: cultura e xuventude.

Denimonación do postoSit.Dotac.GrupoCateg.Soldo baseF. Prov.Titul. Acad.Form. Especif.Observacións

Técnico culturaO1I13283129C/LLicenciadoXestiónFuncionarizable 97

ANEXO II

Culleredo. Persoal laboral temporal 1996

Relación de postos segundo acordos do convenio

Área: sanidade e asuntos sociais

NomeDenominación

do posto

GrupoCateg.Soldo

base

Compl.

p. trab.

Titul. acad.Form. espec.Obsevacións

SAD

Mercedes Abel RodríguezTraballadora familiarV31.353.394Estudios primariosServicios A. domicilio

Nieves López GómezTraballadora familiarV31.353.394Estudios primariosServicios A. domicilio

Nieves Martínez UzalTraballadora familiarV31.353.394Estudios primariosServicios A. domicilio

Emilia Varela CaamañoTraballadora familiarV31.353.394Estudios primariosServicios A. domicilio

Mª Celia Gómez LópezTraballadora familiarV31.353.394Estudios primariosServicios A. domicilio

Casa de acollida

Mª Luz Valcarce GuitiánGobernanta Casa de ac.III21.999.466167.000FP2/BacharelatoInterna. Xornada continuada

Escuela infantil

Eva Suárez GilResponsable escolaII22.649.614121.000MestraEduc. infantilResponsable da escola

Susana López BogoPedagogaI32.971.586PedagogaEduc. infantil

Eva Díaz BaldomirTécnico xardín infanciaIII21.999.466FP2/Xardín infanciaEduc. infantil

Isabel García MatoTécnico xardín infanciaIII21.999.466FP2/Xardín infanciaEduc. infantil

Inés Sánchez VigoTécnico xardín infanciaIII21.999.466FP2/Xardín infanciaEduc. infantil

Dolores García SánchezCociñeiraV31.353.394Cert. escolaridadeCociña

Ana Rosa Regueira Rguez.Aux. xardín de infanciaIV31.605.416FP1

Mª Carmen Vázquez LópezAux. xardín de infanciaIV31.605.416FP1

Begoña Varela GarcíaAux. xardín de infanciaIV3802.708FP1Xornada de 20 h/sem.

Dolores Ucha ArcayAxdte. de lavand. e cociñaV61.286.700

Programa de prevención e

integración social

Teresa Bouzas LamasPedagogaI31.981.050PedagoxíaXornada de 25 h/sem.

Carmen Bonhome MonteroMonitora alfabetizac.II2741.888Diplomado universitarioXornada de 14 h/sem.

Pilar Vilar MartínezMonitora alb. gitanosII21.695.744Diplomado universitarioXornada de 24 h/sem.

Centro de 3ª idade

Dolores Estévez SantanaMonitora de manualidadesIV3Actividades manuaisXornada de 4 h/sem.

Mª Dolores Palomo PonceMonitora de manualidadesIV3Actividades manuaisXornada de 6 h/sem.

Rodolfo Fernández PazosMonitor de ximnasiaII2Educación físicaXornada de 8 h/sem.

Otilia Villar PampínMonitora de coroIV3CantoXornada de 3 h/sem.

Centro ocupacional de

Discapacitados psíquicos

Mª Jesús Castiñeiras Rguez.Mestra de tallerIV41.531.119Actividades manuais

Gabinete de inserción laboral

(GIL)

Carmen Prado NovoaTécnico de inserción laboralII22.649.614Diplomado universitarioinserción laboral

José Mª Pereira BoquetePreparador laboralIII21.066.380FP2/BacharelatoXornada de 20 h/sem.

Nota: non existen datos dos complementos de dispoñibilidade horaria nin de perigosidade, toxicidade e penosidade.

375