Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da concesión mineira derivada do permiso de investigación denominada Oca, número 6904, da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-90), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da concesión mineira derivada do permiso de investigación denominada Oca nº 6904, situada en terreos do concello de Coristanco, provincia da Coruña, e solicitado por Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A..

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

775