Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para a redacción do anteproxecto do saneamento integral de Moaña. (Pontevedra).

Adxudicatario: Eyser.

Orzamento: 21.715.072 ptas.

-Asistencia técnica para dirección de obras e control no norte da provincia da Coruña-ano 1996.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 12.338.825 ptas.

-Asistencia técnica para dirección de obras e control no sur da provincia da Coruña-ano 1996.

Adxudicatario: INOR, S.L.

Orzamento: 12.009.480 ptas.

-Asistencia técnica para dirección de obras e control no norte da provincia de Lugo-ano 1996.

Adxudicatario: ICEACSA.

Orzamento: 12.642.709 ptas.

-Asistencia técnica para dirección de obras e control no sur da provincia de Lugo-ano 1996.

Adxudicatario: EPTISA.

Orzamento: 13.547.246 ptas.

-Asistencia técnica para inventario e caracterización de vertidos de Galicia-costa nas concas dos ríos As Forcadas, Mera, Sor, Landro, Ouro, Cobo e Masma.

Adxudicatario: (UTE) Visible, S.L. e Ingeniería de Vertidos, S.L.

Orzamento: 20.318.425 ptas.

-Estación de bombeo, depósito de 1.000 metros cúbicos e ampliación da rede de abastecemento ata as parroquias de Gaibor e Saavedra. (Begonte-Lugo).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 34.000.000 de ptas.

-Abastecemento e saneamento de Untes, terminación. (Concello de Ourense).

Adxudicatario: Dago, S.A.

Orzamento: 38.180.400 ptas.

-Instalación do sistema de cloración na rede de Bergondo. (A Coruña).

Adxudicatario: Gauxs.

Orzamento: 7.502.974 ptas.

-Rede de abastecemento Alto do Casal a Corvillón e outros núcleos. (A Merca-Ourense).

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 53.519.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

212