Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1724/1996, interposto por Manuel Cerdeira Diniz e outros.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1724/1996, interposto por Manuel Cerdeira Diniz, Juan Sampedro Lozano e José M. Montero Novoa contra a Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro) pola que se convoca concurso oposición para o ingreso na clase de médicos titulares.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

720