Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a concesión de obra pública e posterior explotación dun aparcamento para vehículos no polígono de Mato Grande.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: C96/3.

2. Obxecto do contrato: concesión de obra pública e posterior explotación dun aparcamento para vehículos no polígono de Mato Grande.

Prazo máximo de concesión: cincuenta anos.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon mínimo de explotación: 6.000 pesetas/ano por praza de estacionamento.

5. Garantía provisional: 5.618.400 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxaxe punto 1.

b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo C completo, categoría E.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Documentación administrativa», «Solvencia profesional» e «Proposta económica e de xestión») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do lilcitador), para optar ó concurso para a concesión de obra pública e posterior explotación dun aparcamento para vehículos no polígono de Mato Grande».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1997.

P.D.

O alcalde

Rubricado

515