En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 1/1997.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de material informático e audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia, correspondente ó ano 1997.
b) Número de unidades a entregar: especificada nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas (BOPG nº 577, do 14 de xaneiro).
c) División por lotes e números: si, dous.
d) Lugar de entrega: na sede do Parlamento de Galicia.
e) Prazo de entrega: non superior a un mes a partir do día seguinte ó da notificación da súa adxudicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total:
-Lote nº 1, material informatico: 5.300.000 ptas.
-Lote nº 2, material audiovisual: 2.700.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional:
-Lote nº 1, material informatico: 106.000 ptas.
-Lote nº 2, material audiovisual: 54.000 ptas.
Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Parlamento de Galicia.
b) Domicilio: r/ do Hórreo, nº 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.
d) Teléfono: (981) 56 16 00.
e) Telefax: (981) 57 10 41.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Non se esixen á vista da contía.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límte de presentación: dentro dos 14 días naturais seguintes ó da publicación do correspondente anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil ou sábado, entenderase prorrogado ó primeiro día haábil seguinte.
b) Documentación que se vai presentar: a referida na cláusula administrativa sexta.2 do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG nº 577, do 14 de xaneiro de 1997.
c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.
1ª Entidade: Parlamento de Galicia.
2ª Domicilio: r/ do Hórreo nº 63.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mantela-la súa oferta (concurso): tres meses.
e) Admisión de variantes: non se establecen.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Parlamento de Galicia.
b) Domicilio: r/ do Horreo, nº 63.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: ós cinco día hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións, a mesa procederá á apertura do sobre B proposición económica.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións: no rexistro xeral da cámara.
10. Outras informacións: no rexistro xeral da cámara.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1997.
Victorino Núñez Rodríguez
Presidente do Parlamento de Galicia
97-779