Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa UNEMSA.

Visto o expediente do convenio colectivo de UNEMSA, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-12-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa, o día 28-11-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma

de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Tercerio.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de decembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo de Unemsa

Convenio colectivo de traballo para aglomerados de madeira da empresa UNEMSA.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios na empresa UNEMSA, con domicilio na Canosa-Rus, Carballo -A Coruña-, e que ten como actividade fundamental a fabricación de taboleiros de madeira aglomerada en tódalas súas clases, así como o aserradoiro dependente desta, sen máis excepcións cás indicadas pola lei.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio terá unha duración de dous anos. Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 1997. Prorrogarase tacitamente por un período de dous anos se ningunha das partes o denuncia avisándoo previamente por escrito á outra parte cun mes de antelación.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións económicas que con carácter de cómputo anual excedan das fixadas neste convenio.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas, estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa, que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As disposicións legais que impliquen variación económica nalgúns dos aspectos retributivos unicamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados, superan o nivel total do convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas nel.

Artigo 5º.-Revisión.

Este convenio será revisado unicamente, en tódolos seus efectos económicos, o día 1 de xaneiro de 1997. Consistirá esta revisión na aplicación do IPC establecido polo INE durante o ano 1996.

No caso de producirse a prórroga a que se refire o artigo 2 o convenio será revisado en tódolos seus efectos económicos o día 1 de xaneiro de 1998 e o 1 de xaneiro de 1999, aplicándose o IPC establecido polo INE durante os anos 1997 e 1998, respectivamente.

Artigo 6º.-Comisión mixta.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender a cantas dúbidas poidan derivarse da aplicación del, establécese unha comisión composta por 3 membros da parte social e 3 en representación da empresa. Poderá asistir un asesor por cada parte.

Artigo 7º.-Período de proba.

Sempre que non se pacte por escrito, o ingreso será provisional ata tanto non se cumprise o período de proba, que para cada grupo profesional se detalla a continuación:

a) Persoal técnico titulado e non titulado: dous meses.

b) Persoal administrativo: un mes.

c) Persoal obreiro e subalterno: quince días.

Artigo 8º.-Persoal con capacidade diminuída.

A empresa queda obrigada a acopla-lo persoal con capacidade diminuída, como consecuencia de accidente laboral ou enfermidade profesional, sempre que non alcanzasen unha invalidez permanente en calquera dos seus graos. En caso de enfermidade profesional, sempre que o traballador teña unha antigüidade na empresa de máis de 6 anos.

Se o novo posto é de categoría superior rexeranlle as condicións económicas do dito posto. Se fose inferior, continuará percibindo as retribucións anteriores.

Esta situación será estudiada conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

Artigo 9º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade o tempo que dure o servicio militar dos traballadores. Unha vez o cumprisen teñen dereito a ocupa-lo mesmo posto desempeñado ó incorporarse a filas.

Durante o servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias establecidas no presente convenio e a empresa estará obrigada a proporcionar traballo ó empregado que o solicite, sempre que este acredite documentalmente a posibilidade de traballar 21 días como mínimo.

Para o persoal que cumpla o servicio militar na mesma praza onde está situada a factoría tratará de ser adoptado, por parte da empresa un horario

flexible, sempre que as condicións do posto de traballo o permitan.

Artigo 10º.-Bilingüismo.

Para tódolos efectos serán idiomas oficiais o galego e o castelán.

Artigo 11º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresa dotará o seu persoal de catro pezas de roupa de traballo ó ano, fundas ou batas segundo o caso, con obriga de usalas e con duración conxunta de 1 ano. A súa entrega efectuarase por partes, 2 pezas de roupa a primeiros de xaneiro e 2 a primeiros de xullo.

Material de seguridade: o comité de seguridade e hixiene determinará as pezas de roupa de seguridade para cada posto coa obriga do seu uso. Tamén determinará a renovación destas.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A fixación dos horarios de traballo e calendario laboral estableceranse dentro do mes seguinte á publicación do calendario oficial, entre o comité de empresa e a dirección. No caso de desacordo decidirá a autoridade laboral.

A xornada de traballo nesta empresa terá as seguintes modalidades:

1. Xornada partida.

2. Xornada continuada.

3. Xornada en quendas.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais efectivas de traballo.

A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres realizando 8 horas diarias. Estes traballadores pasarán a xornada continuada durante os meses de xullo e agosto a razón de 7 horas diarias durante o dito período de tempo.

Excepcionalmente, a empresa poderá determinar aqueles departamentos ou seccións que necesariamente deban realizar esta xornada de luns a sábado.

A xornada en quendas de traballo poderá ser de 2 quendas, 3 quendas e 3 quendas con 4 de persoal.

Xornada de 2 quendas será de luns a venres a razón de 7 horas e media diarias de traballo efectivo, traballando os sábados pola mañá alternativamente durante 4 horas.

Xornada de 2 quendas de luns a sábado, será de 6 horas e media de traballo efectivo, con media hora de descanso. A retribución será a mesma cá do persoal de 3 quendas con 4 de persoal polo que recibirán os pluses na mesma contía en concepto de plus de locomoción, de traballo ininterrompido e o plus de nocturnidade, cuantificándose este como mínimo de 7 noites mensuais.

A xornada con 3 quendas será de 40 horas semanais efectivas de traballo, distribuídas de luns a venres a razón de 7 horas e media de traballo efectivo.

Cando unha quenda coincida de mañá, traballará os sábados pola mañá ata completa-lo cómputo trimestral de 120 horas efectivas.

A xornada con tres quendas diarias e 4 de persoal ten por obxecto realizar un proceso de producción que ha de ser continuado. Os días de traballo consecutivo non poderán exceder de 9 e un dos descansos deste período, como mínimo, coincidirá en domingo.

A xornada diaria será de 7 horas e media de traballo efectivo.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, non computable dentro das 7 horas e media de traballo efectivo e sen que iso implique trastorno ningún co réxime de fabricación. Cando por motivos de necesidade non puidesen desfrutala será retribuída como exceso de xornada.

A media hora de descanso anteriormente referida non significa traballo efectivo. Esta media hora desfrutaranse na quenda de 6 a 14 horas ás 10 horas; na quenda de 14 a 22 horas, ás 18 horas e na quenda de 22 a 6 horas ás 2 horas.

A empresa e os traballadores comprométense a respecta-la xornada de traballo que actualmente veñen realizando os traballadores de 3 quendas con 4 de persoal.

Poderán establecerse estes sistemas de traballo en todas aquelas seccións en proceso de instalación ou que puideran instalarse, así como naquelas nas cales xa se viñese realizando.

Na elaboración do calendario anual de traballo para o sistema de 3 quendas con 4 de persoal, a empresa poderá incluír como días de traballo un máximo de 6 festivos, respectando obrigatoriamente o descanso nas seguintes festas; desde as 14 horas do día anterior das festas de Nadal, 1º de ano e 25 de xuño e as 3 quendas das festas de 1º de maio e 25 de xuño, 6 e 8 de decembro.

En compensación dos días festivos incluídos no calendario de traballo como días laborables, os traballadores teñen dereito a un número igual de días de descanso como permiso retribuído, os cales serán desfrutados nas seguintes formas:

Naqueles festivos considerados como laborables e que se atopen as liñas de producción paradas.

Un quedará absorbido en razón de que as festas de Nadal, 1º de ano e 25 de xuño se iniciarán ás 14 horas do día anterior.

Tres dos días cando os traballadores o soliciten, compatible coa continuidade da producción e o resto dos días poderaos distribuí-la empresa nas paradas de fabricación e que estes sexan notificados ós traballadores con 15 días de antelación.

No mes de decembro, a empresa aboará en horas extras festivas os días de descanso pendentes de

desfrute, agás que os traballadores prefiran acumulalos ó ano seguinte.

Durante as paradas de fabricación que teñan duración superior a 24 horas, a empresa respectará os descansos dominicais e non se realizarán xornadas nocturnas, a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectuar traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueles que pola súa natureza non puidese prescindirse, o cal non terá vixencia cando un festivo coincida en véspera de domingo ou festa.

Aclárase que, para o persoal de 2 quendas, 3 quendas e xornada partida, se desfrutará dos festivos sinalados no BOP da Coruña, que para 1996 foi publicado o 24 de setembro de 1995.

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal que preste os seus servicios na empresa baixo a modalidade de traballo de 3 quendas con 4 de persoal, poderá fracciona-las súas vacacións anuais da seguinte forma: 25 días ininterrompidos comunicados con dous meses de antelación e cinco días laborables (de luns a venres) que elixirá a empresa, comunicándoo con quince días de antelación.

O resto do persoal da empresa, segundo o presente convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais ininterrompidos.

Non obstante o anterior, este período poderá fraccionarse cando a empresa e o comité de empresa así o acorden, en atención a necesidades urxentes do servicio.

A retribución das vacacións será a mesma que correspondería a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto plus de locomoción.

As vacacións desfrutaranse por anos naturais ou na parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando na empresa o ano completo.

O calendario de vacacións establecido entre a dirección da empresa e o comité de empresa, exporase cunha antelación de 2 meses como mínimo. O período de vacacións estará comprendido entre a 2ª semana de xuño e a 3ª de setembro.

Se por necesidades da empresa, os traballadores tiveran que desfruta-las vacacións fóra do período anteriormente sinalado, serán compensados con 3 días laborables máis sobre os 30 naturais fixados con xeneralidade anteriormente.

No suposto de producirse incapacidade laboral transitoria antes do período sinalado para o desfrute de vacacións, estas poderán desfrutarse sempre que durante o ano natural existan días dispoñibles, isto é, que se a ILT continuase ata o 31 de decembro non haberá lugar ó desfrute de vacacións.

Artigo 14º.-Licencias.

Segundo o presente convenio, o persoal desta empresa terá dereito a desfrutar, mediante aviso pre

vio, licencias en calquera dos casos seguintes, sempre que non estea desfrutando das súas vacacións regulamentarias e estas cubran a totalidade do período solicitado de licencia.

a) Por matrimonio do traballador: 21 días naturais retribuídos, podendo acumularse a vacacións.

b) Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos, irmáns e irmáns políticos: 5 días naturais retribuídos e 2 días naturais non retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar: 3 días naturais retribuídos e 2 días naturais non retribuídos se non formasen parte da unidade familiar.

c) Por falecemento de avós e netos; 3 días naturais retribuídos.

d) Por falecemento de tíos e sobriños: 3 días naturais retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar, 1 día natural retribuído, ampliable a 2 días máis sen retribución se non formasen parte da unidade familiar.

e) Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, irmáns ou pais políticos: 3 días naturais retribuídos e 2 días naturais sen retribución, igualmente, os fillos políticos se forman parte da unidade familiar.

f) Por parto da esposa: 5 días naturais retribuídos.

g) Por voda dun fillo: 2 días naturais retribuídos.

h) Por voda dun irmán: 1 día natural retribuído.

i) Por estudios, concederanse as licencias necesarias retribuídas para que se poida concorrer ós exames nas convocatorias do correspondente centro, debendo ser presenteados os xustificantes da convocatoria e asistencia a exame.

j) Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para iso, sendo retribuído.

k) Por mudanza: 2 días naturais retribuídos.

l) O persoal de xornada partida terá dereito a 1 día de licencia, que será desfrutado cando o solicite.

m) A tarde do martes de Entroido será libre para o persoal de xornada partida e 2 quendas.

Posteriormente o desfrute destes premios, os productores xustificarán fidedignamente as causas que motivaron estes.

O desfrute das licencias terá que comezar no momento inmediato á causa que a motiva. De non ser solicitada en tal sentido non haberá lugar á dita licencia, con excepción do sinalado no apartado a).

Artigo 15º.-Excedencia.

Poderán solicitar excedencia aqueles traballadores cunha antigüidade na empresa de, como mínimo, un ano, non podendo instar nova solicitude ata que transcorresen 2 anos, contados desde o termo da anterior, con excepción de que esta sexa concedida por realización de estudios de calquera clase. A duración será entre 3 meses a 5 anos. A petición

formularase por escrito, tendo que ser resolto ós 15 días da súa formulación.

A petición de reingreso débese facer, en tódolos casos, cun mes de antelación á finalización do período de excedencia, sendo inmediata a reincorporación ó posto de traballo, unha vez transcorrido este período de 30 días. A concesión de excedencia será obrigatoria cando teña por orixe o desempeño polo productor dun cargo de carácter público e/ou sindical, e neste caso, o tempo de duración dela estenderase a todo o tempo que desempeñe o cargo que se lle confiou ou para o que foi designado.

O comité de empresa tramitará perante a dirección da empresa tódalas peticións de excedencia por parte dos traballadores a que representen.

Artigo 16º.-Estructura salarial.

A estructura salarial deste convenio represéntase así:

Salario base ou de convenio: salario de convenio máis complemento ad personam.

Complemento de salario:

a) Persoais: antigüidade.

b) De posto de traballo: plus de nocturnidade, plus de 3 quendas, plus de traballo ininterrompido, plus de xornada partida.

c) De calidade ou cantidade: horas extras.

d) de vencemento periódico superior a 1 mes.

Paga de primavera.

Paga de verán.

Paga de Nadal.

Devengos non salariais.

Axudas de custo de viaxe.

Quebranto de moeda.

Plus de locomoción.

Mellora social.

Artigo 17º.-Salario base ou de convenio.

Os salarios base ou de convenio establecidos para cada categoría profesional por unidade de tempo son os que se recollen nas táboas do anexo I.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios na contía de 4.520 ptas. mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que permanecese en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezarase a devengar a partir do día 1 do mes seguinte a aquel en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 19º.-Pluses.

a) Plus de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e as 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio

en concepto de plus de nocturnidade por cada xornada traballada.

b) Plus de tres quendas: os traballadores en réxime de 3 quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes de traballo neste réxime 6.351 ptas. mensuais.

c) Plus de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de 3 quendas de traballo con 4 quendas de persoal percibirá por este concepto 21.830 ptas. mensuais.

d) Plus de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 3.280 ptas. mensuais.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Serán horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada establecida no artigo 12º para cada réxime de traballo.

Os valores das ditas horas son os que figuran para cada categoría no anexo II deste convenio, que foron calculados de acordo coa lei vixente (D. 17-3-73).

A iniciativa de traballo en horas extraordinarias corresponderá á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador. Só serán obrigatorias nos supostos recollidos na lei.

Terán consideración de horas extras nocturnas as que coinciden coa quenda de noite.

Terán consideración de horas extras festivas as realizadas en domingo, día festivo ou en día de descanso, ademais, cando un festivo coincide en día de descanso semanal percibiranse 8 horas festivas, entendéndose que a xornada que, segundo o seu réxime de quenda, se realiza en domingo, non ten consideración de horas festivas en canto é compensada con descanso semanal.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

A tódolos traballadores aboaránselle-las pagas extras de verán e Nadal na contía cada unha delas de 30,4 días de salario de convenio máis ad personam, máis antigüidade correspondente. Tamén se lle aboará a paga de primavera na contía de 12 días e nos mesmos conceptos anteriores.

A paga de primavera farase efectiva o día 15 de marzo, a de verán o día 15 de xullo e a de Nadal o día 15 de decembro ou nos días inmediatamente anteriores se estes fosen festivos.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo de permanencia na empresa durante os 12 meses anteriores ó aboamento destas, computándose como permanencia os períodos de ILT.

Artigo 22º.-Axudas de custo e desprazamentos.

O persoal que saia fóra da localidade na que reside a empresa por causas de servicio a esta, terá dereito a unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, logo da xustificación.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.602 ptas. mensuais.

Artigo 24º.-Igualdade de retribucións.

Non pode establecerse diferencia de retribucións por razón de sexo, idade ou nacionalidade para o persoal que desenvolva traballo de igual valor. Considerarase valor igual aquel que teña idéntica clasificación profesional e posto de traballo, así como función, actividade e rendemento.

Isto mesmo respectarase para a promoción persoal.

Artigo 25º.-Enfermidade e accidente.

A partir dun mes ininterrompido de situación de ILT o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que, adicionado á prestación do INSS complete o 100% dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sesión conxunta do comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

Cando a ILT sexa debida a accidente laboral, enfermidade profesional ou maternidade este complemento percibirao desde o 1º día. Nos supostos de que a ILT motivase hospitalización, o traballador terá dereito á percepción do dito complemento a partir do primeiro día de situación de ILT.

Para o cómputo dos complementos para efectos da percepción antes sinalada tódolos meses serán de 30,4 días.

Artigo 26º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar no bar, e seralle deducido do importe total da comida a cantidade de 503 ptas. por ser estas aboadas pola empresa, a partir do día 1 de xaneiro de 1996.

A empresa asume o incremento do IPC correspondente ó importe total a satisfacer pola empresa e o persoal durante os dous anos de vixencia inicial do presente convenio.

En caso de producirse a prórroga a que se refire o artigo 2 o incremento do IPC distribuirase entre a empresa e o persoal en proporción ós importes respectivos que deban satisfacer.

Artigo 27º.-Fondo social.

O fondo social nutrirase co 1% do salario base ou do convenio de cada traballador máis outra cantidade igual por outra parte da empresa. O control e destino deste fondo terao o comité, debendo dar coñecemento á empresa del.

Artigo 28º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 65 anos para o persoal que leve como mínimo 7 anos na empresa, consistente nunha mensualidade de salario base e a súa antigüidade. Así mesmo e para o persoal

que se xubile voluntariamente, establécense as seguintes cantidades:

-Ós 60 anos: 300 días de salario real.

-Ós 61 anos: 240 días de salario real.

-Ós 62 anos: 180 días de salario real.

-Ós 63 anos: 120 días de salario real.

-Ós 64 anos: 100 días de salario real.

Estas cantidades aboaranse con independencia das liquidacións correspondentes, mantendo o seu valor económico durante toda a vixencia do convenio.

Artigo 29º.-Póliza de seguro.

A empresa garante para 1996, duración deste convenio, unha póliza de cobertura colectiva das mesmas condicións e cobertura de contixencia vixente:

-Por morte natural: 300.000 ptas.

-Por accidente ou invalidez permanente: 2.000.000 de ptas.

O comité de empresa xestionará a póliza de seguros coas mesmas condicións de risco actuais.

Da dita xestión o comité informará á empresa, co fin de que esta poida acepta-las correspondentes primas ou facilitarlle ó comité unha licitación mellor.

Artigo 30º.-Información.

Cando se produzan decisións da empresa que vaian afectar substancialmente á organización de traballo e necesiten a aprobación da autoridade laboral, a empresa informará previamente ó comité de empresa, con 20 días de antelación.

Artigo 31º.-Maternidade.

Toda muller en estado de embarazo terá dereito a mudar de posto de traballo cando este entrañe dificultades para a nai ou o neno, logo do informe do médico da empresa, confirmado, se procede, polo seu xinecólogo.

Tódalas traballadoras embarazadas terán dereito a 16 semanas de licencias retribuídas, co 100% do salario real, podendo desfrutar ata unha marxe de 8 semanas deste permiso con anterioridade ó parto.

A nai terá dereito a unha reducción de xornada durante o período de lactancia do seu fillo nunha hora, fixada previamente por ela.

Artigo 32º.-Plus de locomoción.

Establécese un plus de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O dito plus estará referido a días efectivos de traballo polo que, de producirse algunha ausencia, o que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa estará obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables del, ata un máximo de 11.112 ptas.

Artigo 33º.-Contratación de traballadores en prácticas ou para formación.

a) Traballadores en prácticas: a contratación destes traballadores rexerase polo disposto no Estatuto dos traballadores e disposicións complementarias.

A súa retribución económica será a correspondente ó salario mínimo interprofesional vixente.

b) Os traballadores en formación: esta forma de contratación rexerase igualmente polo establecido no Estatuto dos traballadores e disposicións complementarias. A súa retribución económica será o 75% do establecido para a categoría profesional na cal efectúe a súa formación.

Ó cumprimento dos 18 anos, o traballador en formación deberá estar capacitado para realiza-los traballos correspondentes á categoría inferior do oficio para o que se viñese formando.

Tal capacitación deberá ser verificada por un exame no que poderá participar un delegado designado polo comité de empresa.

Unha vez superada a proba de aptitude o traballador terá dereito a ser contratado como traballador en práctica polo período de 12 meses. Ó finalizar este novo período, de non ter vacante na categoría correspondente será dado de baixa na empresa, mantendo preferencia na primeira vacante que se prouza.

c) A retribución dos traballadores en prácticas ou en formación será proporcional á xornada de traballo que realice.

Artigo 34º.-Acción sindical.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpra os seguintes requisitos:

a) Tratarse de centrais legalizadas.

b) Que agrupen como mínimo ó 10% do cadro de persoal de cada centro de traballo.

As seccións sindicais poderán dispoñer dun taboleiro de anuncios para a súa propaganda específica.

Aquelas centrais que agrupen a máis do 25% dos traballadores do centro de traballo terán capacidade para a convocatoria de asembleas. As ditas asembleas celebraranse fóra das horas de traballo.

Aquelas seccións sindicais que agrupen máis do 40% dos traballadores por centro de traballo, teñen dereito de ata 70 horas por ano retribuídas para a súa acción sindical. As ditas horas serán retribuídas como se efectivamente se realizase o traballo habitual.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical á que pertence, así como o número de conta corrente á que debe ser transferida a correspondente cantidade. A dirección da empresa enviará copia da transferencia de ingreso á correspondente central sindical ou á sección sindical.

O comité de empresa é o órgano legal de representación de tódolos traballadores. Recoñécenselle 24 horas por cada delegado ó mes para a súa acción sindical que poderán ser acumuladas noutros delegados, entendéndose que o dereito é un conxunto para todo o comité. As ditas horas serán retribuídas como se efectivamente se realizase o traballo habitual.

Este disporá dun taboleiro de anuncios no centro de traballo e ademais poderá repartir dentro do centro comunicacións a tódolos traballadores.

Artigo 35º.-Seguridade e hixiene.

Constituírase un comité de seguridade e hixiene da seguinte forma:

-Un presidente designado pola empresa como o seu representante.

-Un técnico de maior graduación.

-O médico e ATS.

-Un secretario designado pola empresa con voz pero sen voto.

-Unha brigada de vixilancia composta por 4 membros designados polo comité de empresa, con voz e voto.

Terán como funcións ademais das reflectidas na ordenanza de seguridade e hixiene dictamina-las pezas de roupa de seguridade necesarias en cada posto de traballo, o mesmo cás súas especiais condicións de toxicidade, penosidade ou perigosidade, que serán enviadas ó Gabinte de Seguridade e Hixiene. Do mesmo modo, fixará aqueles casos de enfermidade que deban ser considerados como enfermidade profesional.

O comité de seguridade e hixiene ten autoridade para paralizar un traballo que non se realice coas suficientes medidas de seguridade e que poña en perigo a saúde, a integridade ou a vida dos traballadores, obrigando á empresa a establece-las medidas necesarias para que desaparezan os riscos.

Artigo 36º.-As condicións económicas pactadas neste convenio comezarán a figurar na nómina de novembro de 1996. Os atrasos devengados por cada traballador aboaranse coa nómina do mes de novembro.

Artigo 37º.-A empresa garante que, como consecuencia da aplicación das diversas xornadas recoñecidas neste convenio, non se producirán reduccións nos actuais cadros de persoal.

Artigo 38º.-Os complementos ad personam incrementaranse na mesma porcentaxe có salario.

Artigo 39º.-Transporte.

A empresa aboará a quen teña o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo a cantidade de 8,25 ptas./km e figurará na nómina separado do plus de locomoción.

Artigo 40º.-Denuncia.

O aviso previo de convenio terá que facerse cunha antelación mínima dun mes, respecto da data do seu vencemento ou, se é o caso, de calquera das súas prórrogas.

O convenio prorrogarase tacitamente ó seu vencemento por períodos sucesivos de dúas anualidades, a non ser que se efectúe denuncia previa.

ANEXO I

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón93.5123.0761.346.576
Peón especialista94.2873.1021.357.736
Capataz peón96.3033.1681.386.768
Axudante96.3033.1681.386.768
Oficial de segunda100.0983.2931.441.408
Oficial de primeira107.1293.5241.542.652
Xefe de equipo127.8084.2041.840.438
Xefe de quenda131.0454.3111.887.042
Encargado de sección134.3534.4201.934.683
Persoal mantemento
Aprendiz71.3792.3481.027.854
Oficial de terceira101.6553.3441.463.831
Oficial de segunda110.4393.6331.590.323
Oficial de primeira121.4813.9961.749.331
Xefe de equipo140.7614.6302.026.961
Xefe de taller180.5185.9382.599.463
Xefe de mantemento200.6236.5992.888.973
Persoal subalterno
Dep.Econ.Pesador/ordenanza96.1783.1641.384.965
Porteiro. Vixilante. Garda. Listeiro

Almaceneiro. Chofer turismo

101.2113.3291.457.433
Conductor mecánico107.7953.5461.552.249
Persoal administrativo
Aspirante84.5572.7811.217.622
Auxiliar Telefon. Mecanogr.96.0713.1601.383.419
Oficial de segunda113.9433.7481.640.773
Oficial de primeira126.4534.1601.820.928
Xefe141.8724.6672.042.957
Xefe administrativo173.9365.7222.504.677
Persoal técnico
Analista96.1783.1641.384.965
Delineante113.9433.7481.640.773
ATS109.2453.5941.573.126
Perito129.1394.2481.859.602
Técnico proxectista131.5904.3291.894.897
Licenciado enxeñeiro173.9365.7222.504.677

ANEXO II

Hora

normal

Hora

extra

Hora

fest./Noct.

Persoal fabricación
Peón7691.3451.537
Peón especialista7751.3561.550
Capataz peón7841.3731.569
Axudante7841.3731.569
Oficial de segunda8201.4351.640
Oficial de primeira8761.5331.752
Xefe de equipo1.0121.7702.023
Xefe de quenda1.0401.8202.080
Encargado de sección1.0621.8582.124
Persoal mantemento
Aprendiz5741.0041.147
Oficial de terceira8201.4351.640
Oficial de segunda8861.5501.771
Oficial de primeira9791.7141.959
Xefe de equipo1.1411.9972.282
Xefe de taller1.4372.5152.875
Xefe de mantemento1.6212.8363.242
Persoal subalterno
Dep.Econ.Pesador/Ordenanza7831.3711.567
Porteiro. Vixilante. Garda. Listeiro

Almaceneiro. Chófer turismo

8281.4491.656
Conductor mecánico8971.5701.794

Hora

normal

Hora

extra

Hora

fest./Noct.

Persoal administrativo
Aspirante6741.1791.348
Auxiliar Telefon. mecanogr.7631.3361.527
Oficial de segunda9061.5861.813
Oficial de primeira1.0061.7612.013
Xefe1.1271.9732.255
Xefe administrativo1.3782.4112.756
Persoal técnico
Analista7611.3321.523
Delineante9061.5861.813
ATS
Perito1.0231.7912.046
Técnico proxectista1.0461.8312.092
Licenciado enxeñeiro1.3782.4112.756

ANEXO III

Plus locomoción

Dous, tres e

catro quendas *

Persoal fabricación
Peón17.275
Peón especialista17.314
Capataz peón17.417
Axudante17.417
Oficial de segunda17.606
Oficial de primeira17.957
Xefe de equipo18.996
Xefe de quenda19.161
Encargado de sección19.325
Persoal mantemento
Aprendiz16.168
Oficial de terceira17.688
Oficial de segunda18.123
Oficial de primeira18.681
Xefe de equipo19.643
Xefe de taller21.643
Xefe de mantemento22.642
Persoal subalterno
Dep.Econ.Pesador/Ordenanza17.412
Porteiro. Vixilante. Garda. Listeiro

Almaceneiro. Chofer turismo

17.663
Conductor mecánico17.994

Tódolos traballadores con xornada partida percibirán 11.112 ptas. en concepto de plus de locomoción.

(*) Tres quendas con catro de persoal.

767