Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de decembro de 1996 pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1997.

Advertidos erros na Orde do 27 de decembro de 1996, publicada no DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1997, pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1997, na súa versión en galego, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 78, no artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo. No punto 1, na ría de Viveiro, na praia de Abrelas, onde di: «...durante 10 días e marzo...», debe dicir: «... durante 10 días en marzo...»

Na paxina 86, no artigo 11º.-Caracola.

Na Confraría de Pescadores de Lira:

Onde di: «Días máximos de extracción: 1220».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 122».

Nas versións galega e castelá é preciso face-las seguintes correccións.

Na páxina 76, no artigo 1.-Autorizacións marisqueiras: Confraría de Ribeira:

Onde di: «Épocas probables de extracción:...xuño...»

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: «...xullo...»

Na páxina 77, no artigo 1.-Autorizacións marisqueiras: Plan conxunto de vieira das Confrarías de Ares e Pontedeume, deberá pasar ó artigo 3.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo, ademais:

Onde di: «Puntos de control: Confraría de pescadores de Ares».

Debe dicir: «Puntos de control: Confraría de pescadores de Ares, Confraría de pescadores de Pontedeume».

Na páxina 77, no artigo 1.-Autorizacións marisqueiras: Confraría de Miño:

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, outubro, novembro e decembro».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro».

Na páxina 77, no artigo 1.-Autorizacións marisqueiras: Confraría de Barallobre.

Onde di: «Épocas probables de extracción: desde embarcación: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.

A pé: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro a abril, de xullo a setembro, novembro e decembro.

A pé: de xaneiro a abril, de xullo a decembro».

Na páxina 80, artigo 3.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo. Confraría de Cedeira, debe pasar ó artigo 1.- Autorizacións marisqueiras.

Na páxina 80, artigo 3.-Plans específicos en zona de libre marisqueo.

Onde di: «Plan conxunto da Confraría de Cedeira e OPP nº 34 Delegación Valdoviño.

Debe dicir: «Plan conxunto para coquina da Confraría de Cedeira e OPP nº 34 Delegación Valdoviño.

Na páxina 82, no artigo 6.-Percebe: Confraría de Malpica de Bergantiños.

Onde di: «Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, abril, xullo, agosto, outubro, novembro e decembro».

Na páxina 82, no artigo 6.-Percebe: Confraría de Porto do Son.

Onde di: «Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xuño, agosto, outubro, novembro e decembro».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xullo, agosto, outubro, novembro e decembro».

Na páxina 83, no artigo 8.-Equinodermos: Confraría de Porto do Son.

Onde di: «Días máximos de extracción: 146».

Debe dicir: «Días máximos de extracción: 136».

Na páxina 86, no artigo 9.-Navalla e longueirón: Plan de longueirón de Cariño.

Onde di: «Épocas probables de extracción: marzo, maio e agosto».

Debe dicir: «Épocas probables de extracción: marzo, abril e agosto».

768