Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de novembro de 1996 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no texto en galego da citada orde publicada no DOG número 231, do martes 26 de novembro de 1996, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 10.608, punto 3.5.2. onde di: «-ITRIO intramuscular Y90... 36.820 ptas.», debe dicir: «-ITRIO intraarticular Y90... 36.820 ptas.».

Na páxina 10.610, artigo 4º punto 1., onde di: «Nas autorizacións de uso temporal e tariga aplicable...», debe dicir: «Nas autorización de uso temporais a tarifa aplicable...».

Na páxina 10.611, no punto 2.2., onde di: «... o director provincial remitirá a nota coa dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada...»,

debe dicir: «... o director provincial remitirá a nota dilixenciada sen asinar á Intervención Territorial Delegada...».

Na páxina 10.611, punto 2.2, último parágrafo onde di: «Esta resolución acompañada dun exemplar da nota coa dilixencia remitirase á empresa...», debe dicir: «Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia remitirase á empresa...».

790