Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.144

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 24 de xaneiro de 1997 de desenvolvemento do Decreto 452/1996, do 20 de decembro, de axudas ás familias numerosas para adquisición de vivenda familiar.

A disposición derradeira primeira do Decreto 452/1996, do 20 de decembro, que regula a concesión de axudas ás familias numerosas para adquisición de vivenda familiar, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento.

Logo dos informes preceptivos segundo o Decreto 21/1992, do 29 de xaneiro, e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 9 de novembro de 1993, e en uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ingresos familiares e prazos de formalización.

Para os efectos do disposto no artigo 3 do Decreto 452/1996, do 20 de decembro, determínase:

1. Por ingresos familiares entenderase a contía da base ou das bases impoñibles dos membros integrantes da familia segundo a declaración do IRPF correspondente ó derradeiro exercicio económico no que xa vencese o prazo de presentación de declaracións en período voluntario.

Por ingresos familiares ponderados entenderase o resultado de lles aplicar ós ingresos familiares o correspondente coeficiente de ponderación, segundo a seguinte fórmula:

Ingresos familiares ponderados = ingresos familiares x coeficiente de ponderación.

Aplicaranse os seguintes coeficientes de ponderación en función do número de fillos no momento da presentación da solicitude:

Número de fillosCoeficiente de ponderación

40,90

50,85

60,80

70,75

80,70

9 ou máis0,65

2. O prazo de formalización da escritura pública de compravenda ou da declaración de obra nova rematada será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de xullo de 1997.

Artigo 2º.-Baremo de puntuación.

Para os efectos do disposto no artigo 4 do Decreto 452/1996, do 20 de decembro, establécese o seguinte baremo de puntuación:

1. Nº de fillosPuntos

32

44

56

1. Nº de fillosPuntos

68

710

812

914

10 ou máis16

2. Ingresos familiares ponderados

en nº de veces o salario mínimo

interprofesionalPuntos

De 4,5 ata 5,51

De 3,5 ata 4,52

De 2,5 ata 3,54

De 1,5 ata 2,56

De 0 ata 1,58

3.Cada membro da familia

numerosa en situación dePuntos

* Incapacidade permanente parcial1

* Incapacidade permanente total2

* Incapacidade permanente absoluta3

* Gran invalidez4

4. Familia monoparental2 puntos.

Artigo 3º.-Contía das subvencións.

Para os efectos do establecido no artigo 4 do Decreto 452/1996, do 20 de decembro, as contías das subvencións a fondo perdido serán as seguintes:

-Para as solicitudes que obteñan resolución aprobatoria cun mínimo de dous puntos, a subvención será de 800.000 ptas. (oitocentas mil pesetas).

-Para as que obteñan resolución aprobatoria con máis de dous puntos, cada punto máis implicará unha subvención adicional de 100.000 ptas. (cen mil pesetas).

Artigo 4º.-Solicitudes.

Para efectos do disposto no artigo 5 do Decreto 452/1996, do 20 de decembro:

1. O modelo de solicitude é o que figura no anexo da presente disposición.

2. Ás referidas solicitudes xuntarase en todo caso a documentación que figura así mesmo no anexo da presente disposición.

3. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente orde e rematará o día 31 de xullo de 1997.

Artigo 5º.-Aplicación orzamentaria:

Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.50.331A.786 do orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda

707