Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria, celebrada o día 13 de decembro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do vial Bulevar (12 metros de largo) entre o comezo da zona 5 do SU-2 á Rampla de Sas, por instancia de Profalsa, S.A., representada por Modesto Faílde Álvarez, logo do depósito de garantía por importe de vintedous millóns setecentas sesenta e sete mil siscentas setenta e unha peseta (22.767.671 ptas.) para responder da correcta execución das obras.

2. Somete-lo expediente a información pública, polo prazo de quince días, mediante anuncios no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Durante o dito prazo, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, poderanse presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 13 de xaneiro de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde en funcións

483