Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria, celebrada o día 13 de decembro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización en Rampla de Sas-Camiño a Rabodegalo, UA 12-B do SU-2 do PXOU de Ourense (anexo), por instancia de Modesto Faílde Álvarez, logo da constitución de aval, por importe de doce millóns trescentas mil

pesetas (12.300.000 ptas.) para garanti-la correcta execución das obras.

2. Somete-lo expediente a información pública, polo prazo de quince días, mediante anuncios no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Durante o dito prazo, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, poderanse presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 13 de xaneiro de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde en funcións

482