Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997 relativa á prestación do servicio de vixilancia e control de acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 17, do 27 de xaneiro de 1997, publícase o anuncio do concurso, polo procedemento aberto, para a prestación do servicio de vixilancia e de control de acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

Computado o prazo de vinteseis días naturais para a presentación de proposicións en concordancia coa cláusula administrativa particular VIII.1 do prego, publicado no BOPG nº 573, do 20 de decembro, o remate do prazo corresponde ó día 22 de febreiro, sábado inhábil.

Xa que logo, disponse que o último día para a presentación de proposicións sexa o día 24 de febreiro, luns, ata as 14.30 horas.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

713