Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite de urxencia, para a contratación dun vehículo modalidade turismo.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: Sc. sub-01/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración dun vehículo para o ente público Portos de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: 1.

c) Lugar de entrega: sede central do ente público Portos de Galicia.

d) Prazo de entrega: trinta (30) días naturais contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación do contrato, salvo que o adxudicatario ofertase outro menor.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4.- Orzamento base de licitación: 2..995.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 59.900 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación: 119.800 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa, nº 5-A , 6º, Área Central, polígono de As Fontiñas

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. CP 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

As 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 deste anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás doce horas do décimo día natural contado desde o seguinte ó fin do prazo de admisión de ofertas expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as doce horas do seguinte día hábil.

A mesa cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación, no taboleiro de anuncios de Portos de Galicia, o resultado da dita calificación, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

En Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia

706