Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 1/1997, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dunha estación de traballo para o Servicio de Correo Electrónico e WWW da universidade (Servicios Informáticos de Apoio á Investigación). (Expediente 1005/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dunha estación de traballo para o Servicio de Correo Electrónico e WWW da universidade (Servicios Informáticos de Apoio á Investigación).

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000).

Garantía provisional: cincuenta mil pesetas (50.000).

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña