Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 1/1997, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de asentos fixos en bancada para a E.T.S. de Arquitectura Superior (expediente 1004/1997).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de asentos fixos en bancada para a E.T.S. de Arquitectura Superior.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia, se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: doce millóns oitocentas mil pesetas (12.800.000 ptas.).

Garantía provisional: duascentas cincuenta e seis mil pesetas (256.000 ptas.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

693