Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 8 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, Servicio de Consumo, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15/048/1996 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativos, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente

número 15/048/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó desta notificación efectúe as actuacións preliminares, a aportación de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e se é caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegación ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15/048/96.

Inculpado: Seguridad 12, S.L.

Domicilio: Avda. dos Caídos, 185-B, A Coruña.

Motivos: deficiente presentación dun servicio.

Data de iniciación: 30-9-1996.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1997.

I. Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

509