Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xaneiro de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo, por Orde do 7 de novembro de 1996 (DOG nº 244, do 16 de decembro), esta consellería no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.

A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta o seu servicio o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Nº rexistro persoal: 3494408513 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Rodríguez Enríquez, José Manuel.

Posto de traballo: xefe Servicio de Inspección do Turismo.

Código de posto: PR.P05.00.001.15770.030.

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Secretaría Xeral para o Turismo.

639