Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras lles aplicarán durante 1997 ós préstamos subvencionados dos convenios en vigor de axuda financeira ó sector productivo agrario.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ó sector productivo agrario asinados coas entidades financeiras durante os anos 1988, 1989, 1990 e 1991, os tipos de xuro dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios poderán optar pola modalidade de xuro variable por anos naturais.

Así mesmo, a Resolución do 17 de marzo de 1988, da Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira (DOG nº 77, do 25 de abril de 1988), dispón que ante a evolución do mercado financeiro e a dinámica establecida nas variacións dos tipos de xuro, e co fin de adecua-lo custo dos créditos para os beneficiarios dos préstamos subvencionados ós prezos do mercado de cada ano, a Consellería de Economía e Facenda, segundo o establecido no texto dos correspondentes convenios de colaboración asinados coas entidades financeiras fixará, dentro do primeiro trimestre de cada ano que corra, os tipos de xuro vixentes para os préstamos de cada convenio.

Visto isto, e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Os tipos de xuros máximos que se aplicarán durante o ano 1997, para os préstamos en vigor de cada convenio, serán préstamos do convenio 1988: 12,80%, préstamos do convenio 1989: 12,05%, préstamos do convenio 1990: 12,85%, préstamos do convenio 1991: 12,85%.

Segundo.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación no tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

97-643