Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/239-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., 2C.T. e R.B.T. r/ Manuel Díaz en Urb. As Lagoas.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 30 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada urbanización das Lagoas e final no C.T. que se vai construír, denominado Manuel Díaz en urbanización As Lagoas. C.T. de 2000 kVA, tipo prefabricado. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

425