Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/265-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Modificado I da L.M.T. triple C. circunvalación Santiago de Compostela.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: modificado 1 da L.M.T. triple circuíto circunvalación a Santiago, consistente en variar a L.M.T. antes citada no cruzamento coa estrada Rocha Vidán, nunha lonxitude de 100 m en subterráneo. Municipio de Santiago.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

426