Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación da subministración de material de aseo e limpeza (C.P. 23/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións

que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de material de aseo e limpeza.

Orzamento: 25.170.180 pesetas.

Garantía provisional: 503.404 ptas.

Lote 1: esponxa xabonosa.

Orzamento: 4.700.000 ptas.

Garantía provisional: 94.000 ptas.

Lote 2: xabón desinfectante 500 cc.

Orzamento: 1.024.800 ptas.

Garantía provisional: 20.496 ptas.

Lote 3: xabón líquido de 1 litro.

Orzamento: 1.148.400 ptas.

Garantía provisional: 22.968 ptas.

Lote 4: panos de papel (caixa 100).

Orzamento: 7.440.000 ptas.

Garantía provisional: 148.800 ptas.

Lote 5: papel angarellas 60 cm (rolo).

Orzamento: 2.317.680 ptas.

Garantía provisional: 46.354 ptas.

Lote 6: papel toalla (rolo).

Orzamento: 2.700.000 ptas.

Garantía provisional: 54.000 ptas.

Lote 7: rasuradora dun só uso.

Orzamento: 780.000 ptas.

Garantía provisional: 15.600 ptas.

Lote 8: servilleta d/papel (B-100).

Orzamento: 1.746.000 ptas.

Garantía provisional: 34.920 ptas.

Lote 9: Sol. Desinf. c/glutaaldehido 2%.

Orzamento: 1.027.200 ptas.

Garantía provisional: 20.544 ptas.

Lote 10: cueiro infantil 1ª semana, acabado de nacer, infantil mediano, infantil grande, infantil supergrande.

Orzamento: 2.286.100 ptas.

Garantía provisional: 45.722 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

II. Prazo de entrega: quince días, desde a notificación da adxudicación ó contratista.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60 %

2. Calidade dos materiais: 20 %

3. Servicio técnico da subministración: 20 %

VI. Documentos de intese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da escola universitaria de enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicions: as proposicións deberanse presentar na man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da escola universitaria de enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 12 de xaneiro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña

447