Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación Gallega de Criadores de Visón (AGAVI).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nesta, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 9 de xaneiro de 1997, acta da reunión ordinaria da asemblea xeral da asociación, celebrada o 25 de setembro de 1995, consistente na modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da mencionada asociación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

97-598