Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 982

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02-6450/1996 interposto por Antonio Rodríguez Sánchez.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02-6450/96 interposto por Antonio Rodríguez Sánchez,contra acordos do Concello da Coruña e resolucións do IGVS do 29-4 e 25-5-93, polas que se anunciou concurso e adxudicación das parcelas P-10 e P-15 do polígono de Elviña 3ª fase, da Coruña, ás empresas FADESA e URBAIGASA III, así como contra resolución da CPTOPV, de 15-9-96, pola que se aprobou definitivamente o expediente de modificación puntual do PXOU da Coruña, para a reordenación de volumes do antigo polígono de Elviña 3ª fase, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

609