Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 969

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (248/1996).

Eu, María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo de menor contía, seguidos co número 248/1996, se dictou sentencia con data do 18 de outubro de 1996, cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o número 248 de 1996, entre partes, dunha como demandante, Francisco Edelmiro Trillo Pérez, maior de idade, casado, comerciante, veciño de Santa Comba, con domicilio en Antes, Arantón, que actúa en nome propio e en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Manuela Negreira Vilarnovo, representado polo procurador Fernández Pérez, asistido do letrado Sánchez Fernández, e doutra, como demandados, a comunidade de propietarios da casa número 37 da rúa do Hórreo desta cidade a a entidade Cousa Construcciones, S.A., incomparcidos en en situación procesual de rebeldía, sobre tercería de dominio derivada do xuízo declarativo de menor cuantía número 324/1989.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de Francisco Edelmiro Trillo Pérez, quen actúa en nome propio e en benficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Manuela Negreira Vilarnovo, contra a comunidade de propietarios da casa número 37 da rúa do Horreo desta cidade e contra a entidade Cousa Construcciones, S.A., incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro o levantamento do embargo realizado, no xuízo declarativo de menor contía, que co número 324/1986 se segue ante este órgano xudicial, sobre o predio que se describe no feito primeiro da demanda e se transcribe no primeiro antecedente de feito desta resolución, e a súa pertenza ó demandante. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación deste sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, parante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

Para que lle sirva de notificación á entidade demandada Cousa Construcciones, S.A., expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

584