Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0009334/1996, interposto pola Asociación Nacional de Medianas e Grandes Empresas de Distribución.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/0009334/1996 interposto pola Asociación Nacional de Medianas e Grandes Empresas de Distribución contra o Decreto 341/1996, do 13 de setembro, polo que se crea a Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais e se regula a implantación de grandes establecementos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 186, do día 23), e en virtude do disposto no artigo 64.1º da vixente Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta consellería resolveu o día 8 de xaneiro de 1996 ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas a favor das cales derivasen dereitos da resolución impugnada e das que tivesen interese directo no mantemento dela, que son emprazadas para que comparezan e se constitúan en parte legal en autos perante a referida sala no prazo de nove días seguintes ó da publicación desta resolución, segundo dispón o devandito precepto.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

0667