Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 936

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de xaneiro de 1997 pola que se modifica a do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de validación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación.

Os cambios producidos nas estructuras orgánicas das consellerías ata a data aconsellan unha modificación da codificación das relacións de servicios das consellerías para a mellor xestión dos tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a existencia de novas taxas, creadas pola Lei de presupostos para 1997, e a supresión doutras, fan necesario engadir e suprimir unha serie de códigos da maneira que posteriormente se especifica.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de validación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación da seguinte forma:

ANEXO V

Códigos de consellerías e servicios

04 Presidencia e Administración Pública.

01 Secretaría.

02 Escola Galega de Administración Pública.OA

03 Secretaría Xeral do Presidente.

04 Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

05 Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

06 Secretaría Xeral para o Deporte.

07 Secretaría Xeral para o Turismo.

09 Secretaría Xeral para a Protección Civil.

11 Diario Oficial de Galicia.

05 Economía e Facenda.

01 Secretaría.

02 Instituto Galego de Estatística.OA

03 Instituto Galego de Promoción Económica.OA

06 Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

01 Secretaría.

02 Transportes.

03 Instituto Galego da Vivenda e Solo.OA

04 Estradas.

05 Medio Ambiente.

06 Urbanismo.

07 Dominio Público Hidráulico.

08 Infraestructuras Hidráulicas.

09 Contratación.

10 Grupo de Portos.

11 Grupo de Portos A Coruña Norte.

12 Grupo de Portos A Coruña Sur.

13 Costas.

14 Empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos de Galicia.OA

15 Augas de Galicia.

07 Educación e Ordenación Universitaria.

01 Secretaría.

02 Ensinanzas Medias.

08 Industria e Comercio.

01 Secretaría.

02 Minas e Medio Ambiente.

03 Industria.

04 Xestión.

09 Agricultura, Gandería e Montes.

01 Secretaría.

02 Supervisión de Proxectos.

03 Contratación.

04 Estructuras e Desenvolvemento Rural.

05 Extensión Agraria.

06 Centro de Investigacións Agrarias.

07 Axudas Estructurais.

08 Industria e Comercialización Agroalimentaria.

09 Sanidade e Producción Animal.

10 Montes e Industrias Forestais.

11 Medio Ambiente Natural.

12 Defensa Contra Incendios.

13 Fomento Cooperativo.

10 Cultura e Comunicación Social.

01 Secretaría.

02 Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.OA

03 Arquivos e museos.

04 Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

11 Sanidade e Servicios Sociais.

01 Secretaría.

02 Planificación e Ordenación.

03 Sergas - Secretaría.OA

06 Sergas - Farmacia.OA

07 Servicios Sociais.

08 Saúde Pública.

12 Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

01 Secretaría.

02 Acuicultura (S.C.).

03 Marisqueo e Ordenación de Caladoiros (S.C.).

04 Pesca e Industrias Pesqueiras.

05 Formación e Investigación.

06 Marisqueo e Acuicultura (delegacións).

13 Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

01 Secretaría.

02 Xogo.

03 Relacións Laborais.

10 Academia Galega de Seguridade.OA

14 Familia, Muller e Xuventude.

01 Secretaría.

02 Garderías.

03 Xuventude.

04 Tempo Libre.

05 Servicio Galego de Promoción e Igualdade do Home e da Muller.

Artigo dous

1. Suprímense os seguintes códigos que figuran no anexo VI.

31.05.09. Memorias informativas de montes.

31.05.10. Redacción de plans, estudios e proxectos.

31.12.05. Inspección e comprobación das operacións de desinfección, desinsectación e desratización efectuadas por empresas particulares autorizadas.

31.15.00. Entidades de seguro libre de asistencia sanitaria.

31.15.01. Autorización e inscrición no rexistro.

31.15.02. Fase de inspección, control, vixilancia e tutela e intervención das actividades sanitarias das entidades trala autorización correspondente.

32.02.00. Actuacións facultativas en relación coa realización de actividades extractivas.

32.07.04. Comprobación de obra e instalacións executadas.

32.07.05. Informes preceptivos en materia de accidentes.

32.14.00. Legalización industrias instaladas clandestinamente.

32.16.00. Autorización e comprobación de extintores de incendios.

32.21.00. Instalacións de climatización, frigoríficas, de gas e contra incendios.

32.28.00. Comprobación de posta en práctica de patentes e modelos de utilidade.

32.32.00. Actuacións relativas a proxectos que requiran uso de explosivos.

2. Engádenselle os seguintes códigos á relación que figura no citado anexo:

30.14.08. Clase E: licencia especial para embarcacións e artefactos boiantes que se empreguen no exercicio da pesca.

30.14.09. Recarga para licencias que inclúan a pesca do reo e do salmón.

30.14.10. Recarga para a pesca desde embarcación.

30.21.04. Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de recreo ou mergullo profesional.

30.21.05. Validación de cada tarxeta de autorización federativa expedida pola federación correspondente.

30.24.00. Autorizacións de espectáculos taurinos.

30.25.00. Inscrición no Rexistro de Augas.

31.04.06. Inscrición no rexistro oficial de establecementos e servicios praguicidas.

31.07.16. Autorización de veterinario para a expedición de autorizacións de traslado de animais.

31.07.17. Indentificación de gando bovino, ovino e caprino por perda de indentificación deste.

31.07.18. Concesión de autorizacións previstas nos artigos 4, 39, 56, 76, 87 e 92 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro.

31.07.19. Por recoñecemento da adquisición da condición de farmacéutico de centro dispensador.

31.13.03. Exhumación, con traslado ou non, de restos cadavéricos.

31.14.03. Solicitude para participar no concurso público de autorización de novas oficinas de farmacia.

31.14.04. Solicitudes polas que se inste resolución que autorice a apertura dunha nova oficina de farmacia nun municipio ou núcleo (Art. 5 do Decreto 288/1996, do 12 de xullo).

31.27.00. Autorización de apertura e posta en funcionamento de centros de servicios sociais.

31.28.00. Seguimento e control da realización de ensaios e experiencias da eficacia con productos fitosanitarios.

31.29.00. Concesións en materia de augas.

31.29.01. Concesión para usos hidroeléctricos.

31.29.02. Concesión para outros usos.

31.29.03. Autorización previa para transmitir ou grava-la concesión.

31.29.04. Autorización da transferencia da concesión.

31.29.05. Autorización de modificación das características da concesión, rehabilitación ou revisión dela.

31.29.06. Autorización de modernización, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos.

31.29.07. Outras autorizacións.

31.30.00. Autorizacións en materia de augas.

31.30.01. Autorización de obras e instalacións no dominio público hidráulico.

31.30.02. Autorización de vertido.

31.30.03. Autorizacións para a utilización ou aproveitamento de leitos.

31.30.04. Outras autorizacións.

31.31.00. Actuacións en materia de control e vixilancia do dominio público hidráulico.

31.32.00. Xestión técnico-facultativa do servicio de dominio público hidráulico. Deslindes.

31.33.00. Acreditación de servicios de prevención de accidentes laborais.

32.07.12. Autorización e inscrición no Rexistro de instaladores, mantedores, reparadores de instalacións de protección contra incendios.

32.07.13. Autorización e inscrición de instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría.

32.37.01. Aprobación.

32.37.02. Cambio de titularidade.

32.37.03. Recoñecemento de instalación acollida ó réxime especial de xeración eléctrica.

32.37.04. Cambios de titularidade do recoñecemento.

32.39.00. Autorización e inscrición de talleres, tacógrafos e limitadores de velocidade.

32.40.00. Autorización e inscrición de precinto de chatarices.

32.41.00. Informes de proxectos e estudios en materia de augas.

32.41.01. En actividades de construcción de infraestructuras ou aproveitamentos hidráulicos.

32.41.02. Fase de estudios e informes do proxecto, antes de outorga-la concesión.

32.42.00. Tramitación de expedientes de concesión de augas.

32.42.01. Visita de recoñecemento do aproveitamento.

32.42.02. Visita de recoñecemento do terreo para confronta-lo proxecto.

32.42.03. Visita de recoñecemento para confronta-lo proxecto en caso de modificación deste.

32.42.04. Visita de recoñecemento final das obras

32.42.05. Emisión da acta previa á posta en funcionamento.

32.43.00. Legalización de aproveitamento de augas.

32.44.00. Recoñecemento de instalación de carácter parcial.

32.44.01. Medicións de presa.

32.44.02. Medicións de toma.

32.44.03. Medicións de caudal.

32.44.04. Medicións cámara de carga.

32.44.05. Medicións encanamento forzado.

32.44.06. Recoñecemento central hidroeléctica.

32.44.07. Medicións restitución.

32.44.08. Comprobación de aparellos ou comportas.

32.45.00. Levantamento topográfico. Informe.

33.04.00. Venda de libros de control sanitario de piscinas de uso colectivo.

3. Modifícase a redacción dos seguintes códigos da maneira que se expresa a continuación:

30.07.01. Autorización de explotación ou primeiro boletín de instalación.

30.07.03. Cambios e baixas do boletín de instalación.

30.07.06. Habilitación ou cambio do titular do local de instalación.

30.10.01. Solicitude de informe de instalación ou traslado.

30.10.03. Autorización de apertura, por nova instalación ou traslado, atendendo á súa categoría segundo a súa capacidade.

30.11.01. Autorización de instalación ou traslado.

30.11.02. Autorización de apertura por nova instalación ou traslado.

30.11.04. Modificacións substanciais de autorizacións de instalación e apertura ou que afecten o proxecto técnico.

30.11.05. Outras actuacións e modificacións non substanciais.

30.14.00. Expedición de licencias de pesca continental e matrículas de embarcacións:

30.14.01. Clase A: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos ou menores de 65.

30.14.02. Clase A-1: iguais características cá clase A, pero cun período de validez de 15 días.

30.14.03. Clase B: válida para estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á Unión Europea.

30.14.04. Clase B-1: Iguais características cá clase B pero cun período de validez de 15 días.

30.14.05. Clase C: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores de 18 anos ou maiores de 65.

30.14.06. Clase C-1: iguais características cá clase C, pero cun período de validez de 15 días.

30.14.07. Clase D: licencia profesional para a pesca de anguía, angula, lamprea e especies de estuario.

30.17.01. Expedición ou duplicado de permisos de explotación.

30.17.02. Expedición ou duplicado para pesca deportiva ou validación de licencias outorgadas por outras administracións públicas territoriais con competencia na materia.

31.07.08. Revisión, toma de mostras e informes técnicos por petición de parte de industrias e explotacións gandeiras non previstos nos programas oficiais.

31.08.00. Inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas, carnes de aves de curral e coellos.

31.08.01. Actuacións conxuntas de inspección e control sanitario ante mortem, post mortem e marcaxe sanitaria de pezas.

31.08.03 Control e inspección das operacións de almacenamento.

32.05.00. Exame de proxectos, comprobación de certificacións e a inspección de obras, tanto de nova planta coma de rehabilitación de toda clase de vivendas.

32.06.00. Visado de contrato de adquisición e arrendamento de vivendas.

32.07.08. Autorización inicial e renovacións para transportes de mercadorías perigosas.

32.11.00. Recoñecementos periódicos de maquinaria e instalación.

32.12.00. Modificación e/ou ampliación de maquinaria e equipos.

32.17.00. Instalacións de recipientes a presión de climatización, frigoríficos, de gas, e de protección contra incendios.

32.22.00. Inscrición, autorización e posta en marcha de instalacións mineiras e de instalacións elevadoras de auga.

32.36.02. Ampliación, achega de áridos, modificación ou cambio de sistema das instalacións de acuicultura e auxiliares.

32.36.03. Modificacións que afecten a cultivo (cambio de especies ou das técnicas de cultivo).

32.37.00. Actuacións en materia de plans eólicos estratéxicos.

33.03.00. Venda de libro de mantenemento de instalacións frigoríficas, aparellos de presión G.L.P. guindastres, calefacción, climatización, rexistro de contaminantes atmosféricos, instalacións de combustión, rexistro de procesos industriais e rexistro de productores de RTP'S.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

538