Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 4638 A.T.).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Insua Mar, S.L. con enderezo, para efectos de notificación, en Viveiro, praza de Lugo, nº 5, 3ºC, sobre autorización administrativa dunha planta de coxeración que se vai instalar na granxa integral de producción de rodaballo que dita empresa posúe en Xove (Lugo).

As características básicas das instalacións son as seguintes:

-Combustible: fuel oil nº 2.

-Potencia motor combustión interna: 2 x 2.100 kW.

-Potencia xerador: 2 x 2.500 kVA.

-Trafos potencia: 2 x 2.500 kVA 6/20 kV.

-Previsión de enerxía eléctrica cedida á rede: 30.732 MWh/ano.

O que se pon en coñecemento xeral para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan alegar canto consideren pertinente, no prazo de trinta días, na Delegación Provincial de Industria, Pascual Veiga, 12-14, 27071, Lugo.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

0247