Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o outorgamento de demasías número 2342.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1 a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública o outorgamento das demasías producidas na concesión Forna nº 2342, por resolución da Dirección Xeral de Industria con data 16-12-1996, sita no termo municipal do Porriño, desta provincia, solicitadas por Marcelino Martínez, S.L.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineiras estremeiras con Forna nº 2342, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

0546