Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 902

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 10/1997, do 23 de xaneiro, polo que se nomea a Juan Rodríguez Yuste secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

Nomeo a Juan Rodríguez Yuste secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

563