Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 901

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 8/1997, do 23 de xaneiro, polo que se dispón que cese Juan Rodríguez Yuste, como director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión

do día vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Que cese Juan Rodríguez Yuste, por pase a outro destino, como director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

564